ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Acordo entre Concello e veciñanza sobre as prioridades de rozas para a prevención de incendios

29/05/2024 A concelleira de Relacións Veciñais e Rural, Pilar Lueiro, mantivo un encontro con representantes da Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago (Ferusa) no que, entre outros temas, se tratou o cronograma de labores de roza de vexetación de cara á prevención de incendios no verán e á eliminación de matogueira en camiños, beirarrúas e espazos públicos.

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de mayo de 2024 a las 18:10

Compartir

«O Concello quere consensuar coa veciñanza as prioridades para manter a vexetación controlada á beira de zonas de tránsito e nos espazos públicos municipais», explicou. A pesar de que a Ferusa acordara en asamblea comezar as rozas nesta ocasión pola zona norte e llo trasladou á concelleira hai semanas, na reunión mantida comentouse a necesidade de continuar coa orde acordada en anos anteriores porque a climatoloxía favorece que medre con máis rapidez na zona sur e así o mostran as demandas que chegan ao departamento nos últimos días.

Ademais, Pilar Lueiro aproveitou para facer un chamamento á veciñanza para que proceda tamén á roza das súas parcelas de cara á prevención de incendios.

Este labor de mantemento debe ser continuado no tempo e, para iso, debe haber unha prioridade para utilizar os recursos da maneira máis eficiente, para o que está aberta a canle de colaboración coas asociacións veciñais, de cara a elaborar e manter actualizado este calendario para incluír novos espazos que se estimen necesarios ou mesmo aqueles onde sexa preciso reforzar os labores de roza de vexetación nesta tempada. Isto conxugarase cun criterio técnico para supervisar e determinar a orde de intervencións.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.