ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

Abril de Cine en Ames coa proxección de Rondallas, Romería e a aclamada Sirât

Todos os pases serán en xoves, ás 20.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro

Líder Redacción

Líder Redacción

30 de marzo de 2026 a las 23:22

Compartir

Para poder acceder a calquera destas tres proxeccións, é preciso mercar entrada. Poderase facer en liña, a través da Billeteira Electrónica do Concello de Ames, ou de maneira presencial o propio día de cada pase no caso de haber dispoñibilidade

Ames 30 de marzo de 2026 – O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu esta mañá o acto de presentación dunha nova edición do ciclo de cinema Abril de Cine para este 2026, que dará comezo o vindeiro 9 de abril e que está enmarcada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura. Durante todo este mes proxectaranse tres películas do panorama cinematográfico galego, todas elas os xoves, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.  As entradas xa están dispoñibles na Billeteira Electrónica do Concello de Ames.

Esta mañá presentouse unha nova entrega do programa Abril de Cine, unha iniciativa promovida polo departamento de Cultura do Concello de Ames co obxectivo de achegar o cinema galego actual á veciñanza amesá. Durante este acto de presentación, celebrado no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, participaron o alcalde de Ames, Blas García e a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez.

O alcalde de Ames, Blas García, quixo destacar “a aposta que o concello fai polo cine galego” en dúas quendas “en abril e novembro”. García salientou que a súa vontade é “que todos aqueles que non puideron ver estas tres películas no cine teñan a posibilidade de desfrutalas”, xa que son “películas que, sen dúbida, van ter moita aceptación”.

Pola súa banda, a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez, sinalou que esta “é unha iniciativa que sempre ten moi boa acollida”. En canto ao criterio de selección dos filmes, Vázquez declarou que “a escolla non é casual, todas teñen un fío común: forman parte do trío de películas máis salientables do ano e as tres tratan temas de identidade, comunidade e memoria vencelladas a Galicia”.

Tres películas durante todo o mes

A programación do Abril de Cine comezará o vindeiro xoves, 9 de abril, ás 20.00 horas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro coa proxección da película de produción galega Rondallas. Actores como Javier Gutiérrez, María Vázquez, Carlos Blanco ou Tamar Novas, entre outros, participan nesta comedia dramática arredor da tradición das rondallas nunha pequena vila pesqueira. Ademais da proxección, contarase coa participación da actriz María Vázquez.

A semana seguinte, o xoves 16 de abril, tamén ás 20.00 horas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, proxectarase Romería. Este filme dramático, dirixido por Carla Simón, narra a historia de Marina Piñeiro, unha moza orfa que viaxa a Vigo para obter información sobre o seu pai biolóxico. Un percorrido que lle permite conectar co seu pasado familiar e reconstruír o relato familiar.

Pechará o ciclo, o xoves 24 de abril, a aclamada película do galego Óliver Laxe Sirât. Nominada aos premios Oscar 2026 na categoría de Mellor película internacional e na de Mellor son, esta peza xira arredor dun pai que viaxa ao Sáhara, acompañado do seu fillo pequeno, para buscar á súa filla maior, desaparecida nunha festa rave hai meses. Do mesmo xeito que os outros dous filmes do programa, Sirât proxectarase no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro ás 20.00 horas.

Venda de entradas

Para poder acceder a calquera destas tres proxeccións, é preciso mercar entrada. Poderase facer en liña, a través da Billeteira Electrónica do Concello de Ames, ou de maneira presencial o propio día de cada pase no caso de haber dispoñibilidade. As entradas teñen un custo de 3 euros para o público xeral e un prezo reducido de 1,50 euros a estudantes con carné, persoas maiores de 60 anos, persoas menores de 12 anos, familias numerosas, mozos e mozas con carné xove e persoas demandantes de emprego.

A venda de entradas pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista do comezo da película. Unha vez que esta comece, ninguén poderá acceder á sala. Solicítase a máxima colaboración anticipando a hora de chegada para evitar colas a última hora que produzan o atraso do comezo da proxección.

Máis cine en novembro

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ademais deste ciclo no mes de abril, como cada ano o Concello de Ames, tamén a través do departamento de Cultura, organiza un programa de cinema no mes de novembro. Nesta edición, proxectaranse tres pezas en galego: As liñas discontinuas, San Simón e o documental Ao son da nova regueifa, de Manolo Maseda.

Etiquetas

abril de cineames
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación