ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Aberto o prazo para inscribirse nos cursos de iniciación ao piragüismo na praia fluvial de Tapia

O Concello de Ames organiza, un ano máis, os cursos de iniciación ao piragüismo, que se desenvolverán durante a última semana de xuño e mailos meses de xullo e agosto, na praia fluvial de Tapia

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de junio de 2025 a las 17:12

Compartir

Ditos cursos, están dirixidos a nenos e nenas nados/as do 2011 a 2017 e impartiranse os luns, mércores e venres, en horario de 10.45h a 12.00 horas

As prazas son limitadas, polo que é importante inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal

Ames, 10 de xuño de 2025.- Un ano máis o Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza os cursos de iniciación ao piragüismo, que se desenvolverán durante a última semana de xuño e mailos meses de xullo e agosto, na praia fluvial de Tapia. Ditos cursos, que están dirixidos a nenos e nenas nados/as do 2011 a 2017, impartiranse os luns, mércores e venres, en horario de 10.45h a 12.00 horas. Para participar nesta actividade é imprescindible saber nadar. As prazas son limitadas, polo que é importante inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal. Esta actividade e mailos cursos de natación complementan a oferta de actividades deportivas para o verán, trala presentación dos campamentos deportivos que ofertan os clubs e entidades deportivas de Ames.

Un ano máis chegada a época estival organízanse os cursos de iniciación ao piragüismo que se imparten na praia fluvial de Tapia. Estes cursos son impartidos por persoal do club Ribeiras do Tambre. Nesta iniciativa colabora a Deputación da Coruña. Os cursos están organizados polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, e mailo club Ribeiras do Tambre. Están dirixidos a nenos e nenas nados/as do 2011 a 2017.

Estes cursos desenvolveranse durante a última semana de xuño e mailos meses de xullo e agosto. Os participantes terán que escoller entre as dúas quendas existentes para asistir a esta actividade. A primeira quenda será do 23 de xuño ao 18 de xullo, mentres que a segunda quenda está prevista do 21 de de xullo ao 13 de agosto. As clases impartiranse os luns, mércores e venres, en horario de mañá, de 10.45h a 12.00 horas.

Os/as participantes aprenderán, da man do persoal do club Ribeiras do Tambre, todo o necesario para gañar autonomía no uso da piragua e adquirir as destrezas e habilidades básicas para practicar o piragüismo. Para participar é imprescindible saber nadar.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Para solicitar máis información e para formalizar a inscrición nesta actividade hai que enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Esta actividade e mailos cursos de natación complementan a oferta de actividades deportivas para o verán, trala presentación dos campamentos deportivos que ofertan os clubs e entidades deportivas de Ames.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.