ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadEducaciónSociedad

Aberto o prazo para inscribirse na quenda de primavera de dous obradoiros de acollemento lingüístico

 

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de febrero de 2024 a las 11:06

Compartir

 

 

27/02/2024.- O próximo 18 de marzo comeza unha nova quenda dos obradoiros de acollemento lingüístico organizados polo Departamento de Lingua do Concello de Santiago. Esta actividade de formación presencial en lingua e cultura galegas está dirixida á veciñanza procedente doutras comunidades lingüísticas e vaise desenvolver nas dependencias do Espazo Apego (rúa República do Salvador, 12) todos os luns e mércores ata o 17 de xuño. O prazo para inscribirse está aberto ata o 13 de marzo.

Os obradoiros de acollemento lingüístico son cursos presenciais para achegarse por primeira vez á lingua e comezar a desenvolver as destrezas básicas de comprensión e produción oral e escrita. Os cursos contan cun total de 36 horas de carácter presencial divididas en 24 sesións de hora e media. Ademais realizaranse diferentes actividades fóra da aula.

Na anterior quenda dos obradoiros de acollemento iniciouse un nivel continuación, pensado para persoas que realizasen anteriormente algunha outra actividade de formación inicial ou que por outras circunstancias posúan xa un nivel básico de comprensión e produción oral e escrita en galego. Esta proposta de continuación é a que se vai realizar desta volta en horario de tarde, de 20:00 a 21:30 horas. No horario de mañá, de 11:00 a 12:30 horas, desenvolverase o habitual obradoiro de iniciación.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As persoas interesadas poden obter máis información na páxina delingua.santiagodecompostela.gal; chamando ao número 981 542 409 ou contactando co Departamento de Lingua Galega municipal a través do correo electrónico dlg@santiagodecompostela.gal. A inscrición é gratuíta e realízase enchendo un formulario para o nivel iniciación (mañás) ou para o nivel continuación (tardes) que se atopa en liña dispoñible na dita web do Departamento de Lingua. O prazo de inscrición remata o mércores 13 de marzo.

Etiquetas

compostelagalegolinuaobradoirosprimaveraradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada
Destacado

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”
Destacado

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”