ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadEducaciónSociedad

Aberta a inscrición para os obradoiros de verán nas Escolas Infantís de Santiago

As Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, ofertan para este verán un total de 45 prazas dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 8 anos. Tamén poderán solicitarse as prazas para os obradoiros que se desenvolverán ao longo do curso 2024-2025, desde setembro ata xuño. Para ambas modalidades o prazo de inscrición estará aberto desde o 2 ata o 10 de maio.

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de mayo de 2024 a las 10:53

Compartir

As actividades están dirixidas a nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago ou que cursen os seus estudos en centros de educación infantil e primaria desta cidade, con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos (2º ciclo de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria). O número total de prazas tanto durante o curso escolar, como nos períodos específicos de vacacións escolares, distribuiranse por centro da seguinte maneira: 15 prazas para a Escola Infantil Municipal de Conxo, 15 para a das Fontiñas e 15 para a de Meixonfrío-Salgueiriños.

Con estes obradoiros búscase facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ofrecendo aos nenos e nenas unha alternativa de lecer e tempo libre, desenvolvendo valores de cooperación, respecto e tolerancia, a través dos seguintes obxectivos específicos comosensibilizar aos nenos/as con diferentes disciplinas artísticas de xeito divertido, Fomentar a curiosidade e as gañas de aprender, desenvolver a autonomía persoal no día a día, dar a coñecer diferentes actividades lúdicas de lecer e tempo libre e promover o traballo en equipo e a creatividade para fomentar o compañeirismo e a tolerancia e coñecer o entorno que nos rodea.

Inscrición

Tanto para os obradoiros de verán como para os do curso 2024/2025, a data de inscrición para o alumnado xa matriculado estará aberto desde o vindeiro xoves, 2 de maio ata o 10 de maio. O prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será do 20 ao 29 de maio.

As solicitudes presentaranse por medios electrónicos ou de xeito presencial, solicitando cita previa, no Rexistro xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou mediante calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Os impresos de solicitude estará dispoñible, xunto coa información complementaria, nas Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, no Departamento de Educación (Edificio CERSIA, Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, s/n), e na sede electrónica da web municipal (Catálogo de trámites na plataforma electrónica: «Inscrición nos obradoiros das escolas infantís municipais». Modelo ED003).

Horarios de verán

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os obradoiros de verán desenvolveranse nos meses de xullo e agosto (agás sábados, domingos e festivos), en horario 10:00 h a 14:00 h con posibilidade de solicitar o servizo de almorzo (de 09:00 h a 10:00 h); e de comedor (de 14:00 h a 15:00 h), así como as franxas «fóra do horario», entre as 07:30 h e as 10:00 h e entre as 15:00 h e as 16:00 h.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.