ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Aberto o concurso de ideas para transformar o Conector Central de Santiago

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de septiembre de 2025 a las 20:56

Compartir
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, presentaron este martes o concurso internacional de ideas para a transformación do Conector Central da cidade. No almorzo informativo tamén participaron o delegado en Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Ángel Cid, e o enxeñeiro experto en Mobilidade Fernando Nebot, e contou coa asistencia dos concelleiros de Vías e Obras, Xesús Domínguez, e o de Mobilidade, Xan Duro, canda técnicos dos servizos implicados e membros do Consorcio. O concurso desenvólvese en dúas fases e conta cun orzamento de 170.000 euros (+ IVE) e cun valor estimado do contrato de 720.000 euros.
“Escribimos con este concurso un novo capítulo na historia de Compostela. Aproveitamos todo ese coñecemento e talento con que contamos e chamamos a profesionais da arquitectura e da enxeñaría para colaborar nunha reflexión colectiva que sitúe Santiago, de novo, na vangarda das políticas urbanas transformadoras”, defendeu a rexedora na súa intervención.

Goretti Sanmartín explicou que este concurso “é o inicio dun proceso que marcará un fito na historia urbana de Santiago, que cambiará a relación do seu corazón histórico co resto de barrios e tecidos”. Así, indicou que “existen vías de maior capacidade que poden absorber os desprazamentos norte-sur e sur-norte (como son a SC-20 e a AP9), polo que apostou por “redeseñar, de forma colectiva, a mobilidade dentro da cidade para equilibrar o espazo destinado ao coche en relación ao que se dedica a outras funcións que tamén corresponden ao espazo público”. E defendeu que Santiago é “referente no mantemento do patrimonio histórico e cultural, mais tamén debe selo nas políticas que melloran a habitabilidade e a sustentabilidade do espazo e dos edificios”.

Mellorar a vida sustentabilidade e coidar a calidade do espazo

O concelleiro de Urbanismo explicou os obxectivos do novo modelo urbano que defende este goberno: mellorar o día a día das persoas que viven, traballan, estudan ou visitan a cidade; garantir a sustentabilidade ambiental nun contexto de cambio climático; e coidar do espazo público conscientes do impacto no benestar das personas.

O ámbito do concurso abrangue máis de 45.000 m2. “É un ámbito de oportunidade para avanzar cara a ese novo modelo urbano centrado na calidade de vida”, dixo Lestegás. Conecta San Clemente e Santa Clara a través da cidade histórica Patrimonio da Humanidade incluíndo nodos moi importantes como a praza de Galiza ou a porta do Camiño e configura unha concatenación de espazos públicos con diferentes características, pero todos eles con moito potencial, que deben ser pensados como un conxunto.

Ademais, conecta transversalmente o antigo recinto intramuros cos barrios históricos que o abrazan e co Ensanche. En palabras do concelleiro, o ámbito que o Concello propón repensar funciona “como unha cremalleira no tecido urbano compostelán”.

Elección concurso de ideas

O concelleiro explicou que desde o principio o goberno entendeu que o futuro deste ámbito tiña que escribirse a través dun concurso de ideas, sen que por isto o concurso fora unha folla en branco. É dicir, o goberno ten unha visión para esta zona e unha orientación e enfoque, que son o resultado dun traballo técnico especializado e rigoroso que se prolongou durante meses.

Os pregos foron redactados polos servizos técnicos municipais coa colaboración do COAG, en virtude do convenio asinado o 24/09/2024, ao que tanto a alcaldesa como o concelleiro agradeceron a colaboración. Na redacción dos pregos participaron tamén o arqueólogo Alejandro Parga Castro e o enxeñeiro Fernando Nebot Beltrán.

O concurso é coherente cos criterios establecidos en tres documentos estratéxicos municipais elaborados mediante procesos participativos: a Axenda urbana 2030, o Plan de mobilidade urbana e sostible e o Plan de accesibilidade universal.

Acceder si, atravesar non

O goberno defende que este ámbito deixe de funcionar como un atallo para desprazarse en vehículo particular de norte a sur ou viceversa. Lembrou, neste sentido, que gran parte do trazado coincide co antigo percorrido da N-550, que debe superar o seu carácter de travesía urbana para pasar a ser unha rúa ou, incluso, unha praza. Con esta idea, trátase de eliminar o tráfico superfluo ou de axitación, seguindo a máxima de acceder si, atravesar non, con excepcións (coma o transporte urbano, emerxencias, etc).

O concurso é máis ambicioso e non se queda na mobilidade. Tamén pretende: mellorar a xestión do ciclo da auga, introducindo pavimentos permeables e sistemas de drenaxe sostible que reduzan o risco de asolagamento nun contexto de cambio climático; crear unha infraestrutura verde que contribúa á sostibilidade urbana e mellore o ambiente urbano (calidade do aire, humidade, temperatura…) incrementando o número de árbores e incorporando áreas de plantación continuas; e mellorar a calidade, a estética, a funcionalidade, a durabilidade e a trazabilidade dos materiais nos pavimentos e no mobiliario urbano.

“En definitiva, trátase de crear un espazo público de calidade; de definir un novo modelo urbano que reorganiza os usos na cidade para garantir a multifuncionalidade do espazo público. A circulación é unha función máis do espazo público, pero non é a súa función exclusiva. O sobredimensionamento do espazo destinado ao coche é evidente”, manifestou Lestegás.

Tanto o delegado do COAG en Santiago, Ángel Cid, como o experto en Mobilidade Fernando Nebot coincidiron na “valentía” de abrir este proceso. “A resolución deste conflito leva tempo sendo o elefante na habitación no que a modelo urbano se refire. Está claro que nesas circunstancias o máis fácil é non facer nada, pero como cidadáns necesitamos que alguén teña a valentía de abrir este proceso de reflexión colectiva. Por este motivo, agora que por fin un equipo de goberno se atreve a dar o paso, non poderiamos deixar de apoialo”, expresou Ángel Cid en relación ao concurso, antes de apelar á pertinencia da “reflexión colectiva”.

Fernando Nebot, pola súa parte, defendeu o espazo público “é máis ca mobilidade, o espazo público é un dereito, dalgunha forma, igual que a sanidade e a educación: é o espazo da socialización e onde se constrúe a cidade. Excluír do espazo público aos cidadadáns sería da mesma gravidade que facelo da educación e da sanidade”.

Por iso, estableceu a necesidade de “establecer pautas de convivencia” no uso, “invertir as prioridades”, cun principio esencial, a prioridade peonil; e unha  norma xeral: dar prioridade á coexistencia, establecendo unhas pautas de convivencia. Nebot apostou por un proceso “integral” de mellora do espazo público, non só da mobilidade, e un proceso “completo, para que chegue a todas as partes da cidade”. O experto definiu esta iniciativa como “valente pero non imprudente” e “necesaria” e un “acicate” para resto do municipio.

Dúas fases

O concurso desenvolverase en dúas fases. A primeira, cunha duración de dous meses (ata o 17 de novembro) é unha fase aberta a todos os equipos que cumpran os requisitos de solvencia técnica e económica establecidos nos pregos, que deberán presentar unha proposta técnica inicial.

Desas propostas, o xurado elixirá as 5 mellores. Eses 5 equipos serán convidados a unha segunda fase en que desenvolverán o traballo ata o nivel de anteproxecto. Finalmente, o xurado elixirá a proposta gañadora. Os equipos participantes nesta segunda recibirán unha compensación económica de 50.000 euros, no caso do gañador, e de 30.000 euros nos accésits (que serán os outros catro).

O concurso delimita cinco tramos que teñen características diferentes, pero que deben ser pensados cunha visión holística do funcionamento da cidade. Unha vez resolto o concurso, os pregos prevén a contratación da redacción dos proxectos básico e de ejecución dos tramos 2 e 3, considerados estratéxicos para a transformación da mobilidade na cidade  e por iso se aposta por empezar por eles.

“Calquera persoa que percorra a Virxe da Cerca, a praza de Galiza, a rúa das Rodas, o Campo da Estrela… é plenamente consciente da problemática e do desafío que abordamos a través deste concurso. E estou seguro de que todo o mundo entende que é necesario actuar”, sentenciou.

Xurado

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O xurado do concurso estará formado por: unha Presidencia, que ocupará un arquitecto/a de recoñecido prestixio designado polo Concello de Santiago e unha Secretaría, que ocupa o secretario do Concello. O resto serán vocais que inclúen: unha persoa técnica designada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta; un arquitecto ou arquitecta nomeado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG); a Xefatura de Servizo de Planeamento e Xestión Uranística do Concello de Santiago; e unha persoa enxeñeira de Camiños, Canais e Portos designado polo seu colexio oficial.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.