ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

Aberta a inscrición para o campamento urbano de Nadal en Ames

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de diciembre de 2023 a las 16:50

Compartir
  • A Aula da Natureza organiza, dentro da programación de Nadal do Concello de Ames, un campamento urbano de inverno para rapaces de entre 6 e 14 anos no que participarán en diversas actividades e obradoiros relacionados co Nadal. O campamento terá lugar os días 27, 28 e 29 de decembro en horario de mañá e tarde
  • As familias interesadas en inscribir aos seus fillos/as deben enviar o impreso de inscrición ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal . Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65

Ames, 18 de decembro de 2023.- A Aula da Natureza organiza, dentro da programación de Nadal do Concello de Ames, un campamento urbano de inverno para rapaces de entre 6 e 14 anos no que participarán en diversas actividades e obradoiros relacionados co Nadal. O campamento terá lugar os días 27, 28 e 29 de decembro en horario de mañá e tarde. As familias interesadas en inscribir aos seus fillos/as deben enviar o impreso de inscrición ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal . Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65.

A programación de Nadal do Concello de Ames inclúe varias actividades organizadas pola Aula da Natureza. A comezos deste mes de decembro organizou dous obradoiros de adornos para portas (dirixidos a público adulto) que se impartiron o sábado 9 de decembro e mailo domingo 10, en horario de 11:00 a 14:00 horas. En cada un dos obradoiros elaboráronse decoracións para portas con salgueiros, ramas secas e flores propias do inverno.

Ademais, organízase un campamento urbano de Nadal, que está dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 14 anos. Dito campamento realizarase nas instalacións da Aula da Natureza, na Ameixenda, os días 27, 28 e 29 de decembro. As inscricións poden tramitarse para os tres días ou para días soltos. Durante estes tres días de campamento, os/as rapaces e rapazas participarán en obradoiros de cestería e manualidades, nos que que empregarán materias naturais. Tamén farán nunha excursión á carballeira dos Trasnos, en Ventín, e participarán en diversos xogos.

Haberá servizo de autobús, que sairá ás 10:30 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10:45h do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Os rapaces e rapazas estarán de volta ás 17:45h no Pazo da Peregrina e ás 18:00h na Casa da Cultura do Milladoiro. Os nenos e nenas que participen no campamento teñen que levar a comida da casa. Na Aula prepararanlle un chocolate quente pola tarde.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As familias interesadas en inscribir aos seus fillos/as deben enviar o impreso de inscrición ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal . Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65.

Etiquetas

amescampamentonadal
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación