ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

Aberta a inscricion para a Carreira Popular de Pascua 2025

 

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de marzo de 2025 a las 20:45

Podio absoluto feminino e masculino

Compartir
  • As persoas que desexen participar terán ata o 16 de abril para inscribirse na proba que se celebrará o sábado 19
  • A inscrición é gratuíta para as categorías escolares, mentres que para a proba absoluta o custo é de 7 €
  • Como é tradicional, a saída terá lugar dende a praza de Macías a partir das 10:30 horas

Padrón. 20-3-2025.- A Carreira Popular de Pascua, organizada polo Concello de Padrón, abre hoxe 20 de marzo o prazo de inscrición para a súa 44ª edición que se celebrará o sábado 19 de abril. Esta cita, xa consolidada como un referente no calendario galego, está aberta a atletas de todas as idades, tanto federados como non federados. Como é tradición, a saída terá lugar na praza de Macías, a partir das 10:30 horas, e todos os participantes teñen ata o mércores 16 de abril para inscribirse e unirse a esta festa deportiva.

A inscrición é gratuíta para as categorías escolares, mentres que os adultos que participen na proba absoluta deberán abonar 7 €.

A Carreira Popular de Pascua presenta varias categorías, que nesta edición adaptouse aínda máis aos diferentes niveis de idade e preparación.

Os primeiros en tomar a saída serán os corredores da categoría sub 6 (nados/as no ano 2020 e posteriores), que cubrirán unha distancia de 80 metros. Dez minutos máis tarde, ás 10.40, sairán os sub 8 que completarán 425 metros. Xa a partir das 10.50, farano os atletas sub 10, que percorrerán 625 metros, a mesma distancia que os sub-12 que participan a partir das 11.05 horas. A quenda da categoría sub 14, con dous quilómetros de percorrido, será ás 11.15 horas. Polo que respecta aos sub 16 e sub 18 sairán ás 11.30 horas cunha distancia de 3,5 quilómetros. A carreira absoluta, que engloba os sub 20, sub 23, sénior e máster, tomará a saída ao mediodía e terá un itinerario como é habitual de 13,3 quilómetros.

A proba terá unha única clasificación conxunta para todas as categorías, agás nas categorías sub 6 e sub 8, que non son competitivas. As persoas participantes recibirán un agasallo conmemorativo, e os escolares que crucen a liña de meta recibirán unha medalla.

Terán trofeo así mesmo os tres primeiros clasificados de cada categoría en competición cun trofeo especial de Pascua na proba absoluta, os tres primeiros equipos clasificados, o primeiro corredor e corredora local da proba absoluta, o participante de máis idade (trofeo Supermáster) e o club con máis corredores que finalicen a proba (trofeo Participación).

Servizos para os atletas

A organización ofrecerá servizos de duchas nos pavillóns municipais, gardarroupa, avituallamento intermedio e na liña de meta, e cronometraxe por chip. O evento tamén contará con servizos médicos e ambulancia para garantir a seguridade de todos.

Inscrición e bases

As inscricións estarán abertas ata o mércores 16 de abril e poden formalizarse na web www.deporticket.com. Poden consultarse as bases completas do evento e toda a información adicional na páxina oficial.

A organización lembra que os dorsais serán persoais e intransferibles, e a recollida realizarase o día da proba no Paseo do Espolón.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Concello de Padrón invita a todas as persoas interesadas a participar neste evento que cada ano reúne a máis corredores na nosa localidade, promovendo a actividade física e o espírito de comunidade.

Etiquetas

carreira populardeportespadronpascua
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»
Comarca

Chus Campos desvela a programación do verán en Padrón: «Mondra actuará no Santiaguiño»

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete
Deportes

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española
Deportes

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española