ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDeportesSociedad

Aberta a inscrición no Campamento de verán de surf destinado á mocidade de Compostela

20/05/2024 Un ano máis, os mozos e mozas de entre 14 e 17 anos teñen a oportunidade de participar nun campamento de verán de surf no concello de Oleiros, grazas ao programa organizado pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A actividade desenvolverase do 1 ao 8 de xullo, e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto desde hoxe, 20 de maio, ata o 3 de xuño.

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de mayo de 2024 a las 16:10

Compartir

O campamento de verán de surf é unha actividade organizada desde o Departamento de Mocidade co obxectivo de facilitar a conciliación familiar nas vacacións de verán, cunha oferta de ocio alternativo e saúdable que, ao tempo, favorece o coñecemento do patrimonio natural de Galicia e fomenta a convivencia entre os mozos e mozas. O programa terá lugar do 1 ao 8 de xullo no albergue de Santa Cruz de Oleiros, e ademais de surf, están previstas outras actividades deportivas como sendeirismo ou snorquel.

Prazos de inscrición e requisitos

O campamento de verán de surf está dirixido a mozos e mozas empadroadas no Concello de Santiago, con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos prioritariamente, xa que no caso de quedar prazas vacantes atenderíanse outras solicitudes. Ofértanse 26 prazas, tres delas reservadas para persoas derivadas desde o departamento de Servizos Sociais. No caso de existir máis demanda que prazas, farase un sorteo público, e no caso de solicitudes de varios irmáns, se un deles obtén a praza adxudicaráselle directamente aos outros para garantir a conciliación familiar (agás se trate da última praza a adxudicar no sorteo).

O prazo de preinscrición estará aberto desde hoxe, 20 de maio, ata o 3 de xuño. O prezo da actividade será de 120 euros. A cota quedará en 100 euros no caso de segundos irmáns e de familias numerosas; e aplicarase un desconto do 100% para as participantes que proveñan de familias en risco de exclusión social, previo informe do departamento de Servizos Sociais. Os pagos deberán realizarse antes do 20 de xuño.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A solicitude de preinscrición deberá facerse na sede electrónica do Concello de Santiago a través do trámite ‘Preinscrición en campamentos para a mocidade’ e empregando o modelo MC005, ou ben de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende). No caso de presentar a instancia noutro rexistro ou por correos, é preciso informar desta circunstancia, enviando un correo electrónico a dptoxuventude@santiagodecompostela.gal.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.