ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Abal denuncia que máis de 50 traballadores da Rede Sociocultural seguen sen cobrar

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de mayo de 2026 a las 23:08

Compartir
  • Marta Abal advirte de que máis de 50 traballadoras e traballadores continúan sen cobrar salarios de 2025 e 2026 e acusa ao Goberno de Sanmartín de “normalizar a precariedade” nun servizo esencial para a cidade.
  • A concelleira socialista reclama solucións urxentes, transparencia co persoal afectado e unha aposta decidida por recuperar os Centros Socioculturais como espazos fundamentais de convivencia, participación e cohesión social nos barrios e no rural.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2026. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou a “situación absolutamente inaceptable” que continúa vivindo o persoal da Rede de Centros Socioculturais de Santiago, con salarios pendentes de cobro correspondentes aos anos 2025 e 2026, e advertiu de que o grupo socialista “non vai permitir que esta situación quede no esquecemento nin se normalice”.

Abal lembrou que as e os socialistas xa denunciaron esta problemática en anteriores ocasións, pero insistiu en que “imos seguir facéndoo todas as veces que sexa necesario porque estamos falando de máis de 50 traballadoras e traballadores afectados por unha situación intolerable nun servizo esencial para Compostela”.

A concelleira advertiu de que esta situación “evidencia a mala xestión que o Goberno municipal está a facer da Rede de Centros Socioculturais”, e reclamou que se adopten medidas inmediatas para resolver os atrasos salariais. “Os salarios deben aboarse de maneira inmediata e o Goberno municipal ten a obriga de aclararlle ás traballadoras e traballadores cando van cobrar as cantidades que se lles adebedan”, sinalou.

Neste sentido, Marta Abal criticou que o persoal “non pode seguir soportando esta situación de incerteza permanente”, especialmente nun contexto no que os Centros Socioculturais desempeñan unha función social fundamental na cidade.

A edil socialista puxo tamén o foco no deterioro progresivo da propia rede e reclamou recuperar o papel que historicamente desempeñaron estes espazos. “Os Centros Socioculturais sempre foron auténticos vertebradores territoriais e sociais de Santiago, especialmente nos barrios e no rural”, afirmou.

Para Abal, estes equipamentos municipais “son espazos fundamentais de convivencia, participación, cultura e cohesión social”, polo que advertiu de que o seu debilitamento “ten consecuencias directas sobre a vida comunitaria de Compostela”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista esixiu ao Goberno da señora Goretti Sanmartín “responsabilidades, solucións inmediatas e unha aposta clara por reforzar a Rede de Centros Socioculturais”, garantindo tanto os dereitos laborais do persoal como a continuidade e calidade dun servizo que consideran clave para a cidade. “Compostela merece uns Centros Socioculturais fortes, activos e ben xestionados, e merece tamén un Goberno municipal que estea á altura da importancia destes espazos para a veciñanza”, concluíu Abal.

Etiquetas

centros socioculturaisnominaspoliticapsdg-psoeSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.