A TVG leva a Melide o primeiro casting televisado de ‘Recantos’
O auditorio do Centro Sociocultural Mingos de Pita de Melide acollerá o vindeiro 31 de maio unha das primeiras paradas de ‘Recantos: O Casting’, o novo formato da Televisión de Galicia que busca descubrir as mellores voces de Galicia para o emblemático espazo musical ‘Luar’.
Líder Redacción
21 de mayo de 2026 a las 00:14
Por primeira vez na historia da TVG, os castings de ‘Recantos’ serán televisados, nun programa que contará cun xurado profesional formado por rostros coñecidos do panorama galego e coa presentación de Duarte Galbán como mestre de cerimonias.
A organización fai un chamamento a todas aquelas persoas da contorna que teñan ganas de cantar e demostrar o seu talento. Para participar é necesario ser maior de 18 anos, non ter formado parte de anteriores edicións de ‘Recantos’ no ‘Luar’ e realizar inscrición previa.
‘Recantos: O Casting’ percorrerá as catro provincias galegas facendo parada en oito teatros, sendo Melide a primeira localidade desta nova aventura musical da Televisión de Galicia.