ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

A Policía Local de Santiago retoma as charlas sobre o ocio nocturno

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de septiembre de 2025 a las 22:51

Compartir
A Policía Local de Santiago vai poñer en marcha unha nova edición das súas charlas sobre o ocio nocturno dirixidas ao alumnado de Bacharelato, Formación Profesional e Universidade; persoal docente e nais e pais. No curso pasado, o programa chegou a unhas 5.500 persoas, a súa maioría estudantes. O concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, deu conta do comezo das xuntanzas, acompañado polo policía local responsable do proxecto, Martín Camba.

O concelleiro de Convivencia agradeceu o traballo da Policía Local, e máis en concreto de Martín Camba, “para concienciar aos mozos e mozas dos riscos que poden ir asociados ao ocio nocturno e para explicarlles que determinadas condutas incívicas máis frecuentes polas noites e moitas veces ligadas ao consumo excesivo de alcohol poden ter consecuencias legais”. Trátase, apuntou Xan Duro, “de explicarlles aos máis novos cales son as sancións que contemplan as ordenanzas municipais para infraccións como beber na rúa, vociferar ou ouriñar en espazos públicos”. O edil sinalou que “é evidente que este é un tema que xera interese, e de aí as cifras de asistencia que vimos acadando a este programa”.

Martín Camba lembrou que as charlas de ocio nocturno comezaron en 2021 a petición instituto da cidade; no curso 2022/2023 extendéronse a outros centros de ensino secundario, e xa no curso 2023/2024 chegaron a todos os IES de Santiago. A maiores, incorporáronse charlas en residencias universitarias e fíxose unha primeira xuntanza cunha Asociación de Nais e Pais. No curso pasado, 2024/2025, na iniciativa volveron participar todos os IES de Compostela, a iniciativa extendeuse ás residencias universitarias, e foron tamén moitas as ANPAS que organizaron unha sesión para as nais e pais. Tamén se realizaron diferentes xuntanzas coa veciñanza máis afectada polo ocio nocturno, cunha elevada participación dos e das residentes. Desta maneira, apuntou Camba, “dos 57 alumnos e alumnas de Bacharelato que participaron nas charlas de ocio nocturno en marzo de 2021, pasamos a 3.600 alumnos e alumnas de Bacharelato, FP e persoal docente; 1.100 universitarios e universitarias, e 850 nais e pais nas xuntanzas do curso pasado”.

Contidos e metodoloxía

Nas charlas, Martín Camba aborda a normativa, as infraccións máis habituais e os riscos que van asociados ao ocio nocturno, atendendo a se producen en locais de hostalería, na vía pública ou en zonas privadas. Neste sentido, o policía local explica cuestións vinculadas ás ordenanzas municipais, pero tamén a normativa de maior rango como a Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas entre menores de idade; a Lei de Saúde de Galicia ou a Lei de Protección de Seguridade Cidadá.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para captar o interese dos mozos e mozas, principais destinatarios do programa, as charlas discorren de maneira participada e dinámica, botando man de recursos gráficos e avaliando situacións coas que a mocidade se sinte identificada. No caso das charlas dirixidas a nais e pais, dáse conta da realidade dos primeiros contactos co ocio nocturno que poden ter os mozos e mozas, e abórdanse tamén as responsabilidades nas que os proxenitores poden incorrer diante de determinadas infraccións cometidas polos seus fillos ou fillas.

Etiquetas

charlasocio nocturnoPolicia localSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago