ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaNoticia LíderPolíticaSociedad

A parroquia de Parga, en Guitiriz, celebra 30 anos da Feira da Cantería, Callos e Artesanía

Este domingo, a parroquia de Parga, en Guitiriz (Lugo), convértese nun escaparate de tradición e identidade galega coa celebración da 30ª edición da Feira da Canteiría, dos Callos e da Artesanía. A cita, que comezou hai tres décadas da man dunha asociación veciñal, mantense viva grazas ao compromiso do Concello e o tecido asociativo local.

Líder Redacción

Líder Redacción

19 de julio de 2025 a las 14:35

Compartir

“Somos o Concello da pedra e da auga”, salientou a alcaldesa Marisol Morandeira en conversación con Sara Garea en Radio Líder Santiago, subliñando a importancia da canteiría como recurso identitario. A feira, que combina gastronomía, artesanía e escultura en pedra, naceu como unha forma de homenaxear as feiras tradicionais e os seus sabores, como os callos, unha tapa emblemática das feiras de Parga.

A programación do domingo 20 de xullo abrangue actividades dende primeira hora da mañá ata o serán, cun certame de canteiros, mostra de artesanía, exhibicións de galiñas autóctonas e o campionato galego de andadura en dúas sesións. Haberá tamén actuacións musicais, obradoiros infantís e o pregón de Manuel Vizcaíno Díaz, persoa moi vencellada á vida social e cultural de Parga.

A organización corre a cargo do Concello en colaboración coa Asociación de Veciños do Campo da Feira de Parga, tras anos de apoio da Comunidade de Montes de Santo Estevo. “Se non hai asociacións, o 80% do que se fai no rural sería imposible”, afirmou Morandeira, poñendo en valor a implicación cidadá.

A alcaldesa tamén destacou a recuperación do balneario local e o aumento do turismo na zona: “Este mes de xullo estase notando moitísimo a afluencia de xente. Guitiriz é un lugar ao que se vén e ao que se quere volver”.

Como broche á entrevista, Morandeira compartiu o seu recuncho favorito do municipio: os Sete Muíños, un espazo natural onde, segundo contou, pasou moitos veráns: “O son do río é dos máis fermosos que levas contigo toda a vida”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

Callos e ArtesaníaFeira da Canteríaguitirizparga
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.