ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

A mobilización da vivenda baleira, clave segundo o PSOE de Santiago para aliviar o mercado

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de abril de 2026 a las 16:44

Compartir
  • O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, alerta de que a declaración chega sen actuacións inmediatas para frear a subida dos alugueiros e acusa ás administracións de falta de planificación e concreción.
  • Os socialistas reclaman mobilizar a vivenda baleira como vía máis rápida para aumentar a oferta e garantir prezos accesibles nun contexto de emerxencia habitacional en Santiago.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2026. O voceiro do Grupo Municipal Socialista, Gumersindo Guinarte, advertiu de que a declaración de Santiago como zona de mercado residencial tensionado é un paso necesario pero insuficiente se non vai acompañada de actuacións concretas que permitan garantir o acceso á vivenda.

Guinarte sinalou que a medida “recoñece unha realidade evidente”, cun “problema grave de acceso á vivenda, especialmente no alugueiro”, nun contexto marcado por un “incremento dos prezos moi por riba da inflación nos últimos anos”, pero insistiu en que este diagnóstico debe traducirse en solucións reais.

Neste sentido, advertiu de que “a declaración por si soa non xera vivenda a prezo accesible de xeito automático” e reclamou que se acompañe de “medidas correctoras eficaces, con calendario, financiamento e corresponsabilidade entre a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago”, cuestionando a falta de concreción das dúas institucións.

O voceiro socialista puxo o foco na ausencia de actuacións a curto prazo, asegurando que as e os socialistas botan “en falta estratexias a curto prazo como é a mobilización da vivenda baleira”, especialmente nunha cidade que conta con “máis de 6.000 vivendas baleiras e máis de 13.000 vivendas infrautilizadas”, unha realidade que evidencia a marxe de actuación inmediata.

Así, criticou o cambio de enfoque do Goberno da señora Sanmartín, lembrando que “na primeira solicitude de zona tensionada recollíase unha proposta de colaboración entre o Concello de Santiago e o IGVS” para incorporar estas vivendas ao mercado, mentres que agora “o documento actual limítase a formular un estudo municipal”, algo que cualificou de insuficiente ao tratarse “dun estudo que xa debería estar feito”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para Guinarte, esta falta de decisión evidencia a ausencia de planificación nun ámbito clave, advertindo de que “construír nova vivenda pública é imprescindible, pero leva anos”, mentres que “mobilizar vivenda baleira pode permitir ampliar antes a oferta de alugueiro accesible”, polo que instou ao Goberno local a aclarar “en que se concreta o plan de medidas correctoras”.

Etiquetas

alugueiropoliticapsdg-psoeSantiago de Compostelavivendazona tensiona
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago