ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadEducaciónSucesos

A matemática da USC Elena Vázquez Abal, Premio de Divulgación Científica da RAGC

Na actualidade é a presidenta do Comité de Diversidade da Unión Matemática Internacional

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de mayo de 2024 a las 13:29

Compartir

Salienta que este galardón é “un recoñecemento ás mulleres divulgadoras e, ademais, á divulgación feita en galego”

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2024.- A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) concede “por unanimidade” o Premio RAGC de Divulgación Científica 2024 á investigadora Elena Vázquez Abal, matemática da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

María Elena Vázquez Abal (Pontevedra, 1960) é catedrática da Universidade de Santiago na área de Xeometría e Topoloxía desde 2021. Impartiu clases na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo e desde 1987 é docente da Facultade de Matemáticas da USC. Foi secretaria do Instituto de Matemáticas da universidade compostelá e coordinadora do programa de doutoramento do mesmo, ademais de vicedecana da Facultade de Matemáticas. Foi membro e presidenta da Comisión de Mujeres y Matemáticas da Real Sociedad Matemática Española (RSME). Desde 2023 preside o Comité de Diversidade da Unión Matemática Internacional.

A súa investigación céntrase na xeometría diferencial. Dirixiu varias teses de doutoramento e ten publicado numerosos artigos de investigación en revistas internacionales de matemáticas como Mathematical Methods in the Applied Sciences, Kodai Mathematical Journal, Archiv der Mathematik, Journal of Geometry and Physics, Annals of Global Analysis and Geometry, Pacific Journal of Mathematics ou Illinois Journal of Mathematics, entre outras moitas.

Desenvolve unha grande actividade divulgadora organizando exposicións, ciclos de conferencias, obradoiros sobre divulgación matemática, concursos fotográficos e audiovisuais, xunto a actividades para alumnado e profesorado de Secundaria. Tamén ten participado e coordinado distintos proxectos de divulgación, varios dos cales tiveron financiamento por parte da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).

Abal participou en publicacións de divulgación e obras colectivas como Escapando de las matemáticas, Una nueva forma de vivir las Matemáticas, Igualdad de género en el ámbito de las Matemáticas ou Situación actual de las mujeres matemáticas españolas en el ámbito de la docencia y la investigación universitaria, entre outras.

O seu labor divulgativo abrangue todos os ámbitos e niveis, desde a universidade aos bares, desde a xente maior aos máis pequenos

A premiada amosa a súa “sorpresa e satisfacción” pola concesión deste premio. “A divulgación é moi importante, sobre todo no eido científico e particularmente no caso das matemáticas. É un recoñecemento ás mulleres divulgadoras e, ademais, á divulgación feita en galego” -manifesta-. Salienta que o seu labor divulgativo abrangue todos os ámbitos e todos os niveis, desde as aulas, á rúa ou os bares, desde a xente maior ata a máis pequena, e desde a investigación universitaria ata os centros de Primaria. Indica que comezou en serio hai máis de quince anos na facultade de Matemáticas da USC coa iniciativa Unha andaina polas Matemáticas, con convidados procedentes de toda España e que acabou converténdose nunha materia de libre configuración. Logo, xunto aos divulgadores da Universidade da Coruña Xurxo Mariño e Casto Rivadulla, desenvolveron o proxecto Que pasaría se xuntásemos nun bar a…, unindo a científicos e actores para levar a ciencia a diferentes pobos de Galicia.

O xurado desta edición estivo composto polos académicos da RAGC Ángel Carracedo, que actuou como presidente; xunto a Antón Álvarez, Antonio Rigueiro, Juan José Nieto e Pilar Bermejo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

Divulgación Científicamatematicapremiousc
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Farmacia da USC, distinguida co Selo de grao de excelencia
Actualidad

Farmacia da USC, distinguida co Selo de grao de excelencia

El Joker deja en Noia un premio de un millón de euros
Actualidad

El Joker deja en Noia un premio de un millón de euros

Eloy Fernández Mateos recibe o Premio Fundación SGAE de Investigación en Cultura 2025
Actualidad

Eloy Fernández Mateos recibe o Premio Fundación SGAE de Investigación en Cultura 2025

Gaña dous millóns de euros en Silleda xogando á Bonoloto
Comarca

Gaña dous millóns de euros en Silleda xogando á Bonoloto