ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDeportes

A III Carreira de Orientación do Concello de Ames celebrarase o domingo 5 de maio

 

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de abril de 2024 a las 18:29

Compartir

 

 

A terceira edición da carreira de orientación do Concello de Ames, que terá lugar no casco urbano de Bertamiráns o vindeiro domingo, 5 de maio, a partir das 11:00 horas

Xa hai máis de 100 persoas inscritas

Haberá 3 categorías: xestiñas (nenos/as) , xestas (adultos) e xesteiras (persoas con medios/altos coñecementos de orientación)

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explicou que “unha das novidades desta edición é a localización, que pasa do pavillón de Bertamiráns ao paseo fluvial”

Ricardo Figueroa, responsable de Xesta Natureza: “é unha actividade aberta a calquera ripo de persoa, de calquera idade e con calquera condición física”

Ames, 24 de abril de 2024.– Esta mañá presentouse no paseo fluvial de Bertamiráns a terceira edición da carreira de orientación do Concello de Ames, que terá lugar no casco urbano de Bertamiráns o vindeiro domingo, 5 de maio, a partir das 11:00 horas. Esta actividade foi organizada polo departamento de Deportes en colaboración coa entidade Xesta Natureza. Xa hai máis de 100 persoas inscritas, e todos/as os/as que desexen anotarse poderán facelo ata as 23:59 horas do mércores 1 de maio premendo nesta ligazón.

O paseo fluvial de Bertamiráns acolleu esta mañá a presentación da III Carreira de orientación, que se celebrará o vindeiro domingo 5 de maio, en Bertamiráns, e que se organiza en colaboración coa entidade Xesta Natureza. No acto participaron a concelleira de Deportes, Susana Señorís; os técnicos de dito departamento, Alberto Viaño e Iván Sanmartín; e Ricardo Figueroa, en representación de Xesta Natureza.

Unha carreira de orientación é unha competición individual, campo a través e cronometrada, na que hai que completar un percorrido no menor tempo posible pasando por puntos determinados no terreo ou balizas. Esta é terceira ocasión que se celebra no concello de Ames, tras lograr unha gran acollida nas dúas edicións anteriores. As persoas interesada en anotarse poden facelo ata o 1 de maio, premendo nesta ligazón.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explicou que “unha das novidades desta edición é a localización, que pasa do pavillón de Bertamiráns ao paseo fluvial”. Así mesmo, sinalou que un dos obxectivos da proba “é coñecer mellor o concello e o seu patrimonio, pasando unha mañá distinta en compañía da familia, dos amigos, ou mesmo individualmente”.

Nesta mesma liña se expresou Ricardo Figueroa, responsable de Xesta Natureza: “A xente local pode xogar con certa vantaxe, porque coñece a contorna, pero non é garantía de éxito; o percorrido xoga con rúas estreitas, monumentos, localizacións agochadas… é tamén unha forma de coñecer todos os recunchos da localidade”. Figueroa tamén explicou que a clave desta proba é “ como entender o mapa, como orientarse con el e como interpretalo”. Ademais, destacou o carácter transversal da carreira, pois “é unha actividade aberta a calquera ripo de persoa, de calquera idade e con calquera condición física”.

III Carreira de orientación

A carreira do vindeiro domingo consistirá en visitar no menor tempo posible tódalas balizas establecidas na orde que se indica no mapa, que se entregará momentos antes do comezo a proba. Pódese facer a inscrición (ata 4 participantes por equipo), nunha das seguintes categorías.

-Xestiñas: categoría para nenos/as, sinxela física e tecnicamente (menos de 3 quilómetros en total).

-Xestas: categoría para adultos, nivel físico e técnico medio (menos de 4 quilómetros en total).

-Xesteiras: categoría para persoas con medios/altos coñecementos de orientación, nivel físico e técnico alto (máis de 5 quilómetros en total).

As persoas que queiran participar de xeito individual deben facer as inscricións por separado.

As saídas, que comezarán ás 11:00 horas, serán graduadas en tempo; é dicir, en ningún momento sairán dúas persoas (ou equipos) no mesmo minuto. A organización facilitaralles aos/as participantes unha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada unha das balizas. Débese completar o percorrido (en orde), dende a saída ata a meta. Ao rematar a proba poderanse consultar os resultados en tempo real coa axuda dun código QR que irá impreso no mapa.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 644 567 614, escribir un correo electrónico a info@xestanatureza.com ou visitar a páxina web www.xestanatureza.com.

Etiquetas

amescarreiradeportesorientacionradio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.