ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaEducación

A final do Club de Debate Alingua 2026 chega a Bertamiráns con alumnado de oito institutos

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, no concello de Ames, acollerá a competición o sábado 25 de abril

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de abril de 2026 a las 22:04

Compartir

Os equipos participantes son o IES do Milladoiro (Ames), Colexio La Salle (Santiago de Compostela), Grupo Nós – CPR Santiago Apóstol (Narón), IES Canido 1 (Ferrol), CPI dos Dices (Rois), Rompentes – IES de Breamo (Pontedeume), IES Terra de Xallas 2 (Santa Comba) e Filipenses – CPR Sagrada Familia (Vilagarcía de Arousa)

Ames, 22 de abril de 2026.- Chegou o momento de descubrir os máis hábiles oradores dos centros educativos galegos. Será na gran final do Club de Debate Alingua 2026, competición que finaliza este sábado, 25 de abril, na Casa da Cultura de Bertamiráns, no concello de Ames. Alí, entre as 10:20 e 14:00 horas durante a mañá, e entre as 15:45 e as 18:45 h, durante a tarde, irán pasando polo escenario da competición todos os equipos clasificados nas fases previas. O alumnado do IES do Milladoiro defenderá a opción en contra ás 12.25h contra o Grupo Nós – CPR Santiago Apóstol (Narón); e a opción a favor ás 17.15 horas contra o IES Terra de Xallas 2 (Santa Comba).

A comezos do pasado mes de marzo e durante cinco días, celebrouse a fase de clasificación no Auditorio Municipal de Narón nas dúas primeiras xornadas e no Campus Tecnolóxico Cortizo, en Rois, nas outras tres xornadas, coa participación de 37 equipos. A afirmación proposta daquela para o debate, xurdida das propias suxestións dos institutos participantes, foi “O estilo de vida actual é nocivo para a saúde mental da xente nova”.

Nesta ocasión, os oito equipos finalistas debaterán sobre a afirmación «O ensino obrigatorio garante a igualdade de competencia nas dúas linguas oficiais». Así, durante toda a xornada deste sábado, 25 de abril, cada equipo participante deberá debater en dúas quendas, debendo adoptar en cada quenda unha das opcións: “a favor” e “en contra” da tese proposta. Un xurado integrado por cinco profesionais de diversas áreas relacionadas puntuará as intervencións dos equipos.

Espazo de convivencia para activar a lingua

A xornada da gran final comezará para o alumnado ás 9:15 horas, coa recollida da documentación e a participación nas dinámicas de interacción, xa que alén da propia competición, o Club de Debate Alingua fomenta espazos de socialización onde o alumnado dos diferentes institutos se coñece e comparte tempo de lecer. Este tempo compartido máis aló dos propios debates, fomenta o espírito deportivo e o compañeirismo e ofrece oportunidades para activar a lingua galega nos espazos de convivencia.

Ás 10:20 horas comezarán os debates, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, con acceso libre ao público. Deste xeito, e durante todo o día, o xurado valorará as habilidades e a capacidade para a argumentación, o enxeño empregado para defender as posicións, o esforzo de análise e a interpretación da realidade que realicen os equipos participantes.

Os oito equipos clasificados, formados por grupos dun máximo de 10 membros e que contan cun docente que se encarga de adestrar e asesorar, son os seguintes:

-IES do Milladoiro (Ames).

-Colexio La Salle (Santiago de Compostela).

-Grupo Nós – CPR Santiago Apóstol (Narón).

-IES Canido 1 (Ferrol).

-IES Terra de Xallas 2 (Santa Comba).

-CPI dos Dices (Rois).

-Rompentes – IES de Breamo (Pontedeume).

-Filipenses – CPR Sagrada Familia (Vilagarcía de Arousa).

O equipo gañador será o que sume máis puntos nos seus dous debates da xornada.

Os dous equipos con maior puntuación gozarán dunha viaxe multiaventura dunha fin de semana para un máximo de 20 persoas, con contidos culturais relacionados cos obxectivos da actividade.

Máis sobre o Club de Debate Alingua

A iniciativa diríxese ao alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de bacharelato, ou cursos equivalentes dos ciclos formativos, dos Concellos participantes. Os equipos están formados por grupos preferiblemente mixtos (entre 4 e 10 membros) e contan cun/ha profesor/a que se encarga de adestrar, asesorar e representar o equipo.

A rapazada que debate neste certame debe agudizar o enxeño para buscar todas as argumentacións posibles para reforzar as ideas, o que tamén facilita a capacidade de análise e de interpretación da realidade e sempre coa axuda do profesorado que prepara os equipos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Nas semanas previas á competición, todos os equipos de cada zona asisten conxuntamente a sesións formativas para familiarizarse co desenvolvemento dos debates e na que reciben asesoramento sobre técnicas de comunicación oral e argumentación.

Etiquetas

amesbertamiransClub de Debate Alingua 2026
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación