ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

A Festa do Banquete de Conxo celebrarase do 22 ao 24 de maio

Xa están en marcha as actividades preparatorias da Festa do Banquete de Conxo, que se celebrará do 22 ao 24 de maio. O centro sociocultural de Conxo acolleu onte a primeira reunión da comisión de participación do evento, da que fan parte asociacións veciñais e culturais de todo o municipio.

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de abril de 2026 a las 21:51

Compartir

Como nas edicións anteriores, o Concello convida á veciñanza de Santiago a participar activamente na organización e na dinamización da Festa do Banquete de Conxo. Para iso, a través da rede de Centros Socioculturais volveu convocarse a comisión de participación, da quen fan parte representantes de diferentes entidades veciñais e culturais de todo o municipio.

Ademais, como en anos anteriores volven organizarse os obradoiros de confección de vestimenta, tanto de traxes tradicionais como de traxes de época, co obxectivo de animar á veciñanza a acudir á festa caracterizada e lograr unha maior ambientación no evento. Os obradoiros, a cargo de Bety Busto, desenvolveranse alí onde haxa un grupo de persoas interesado.

Outra vía para a participación na Festa do Banquete será a través do desfile teatralizado do domingo, 24 de maio, ao que están convidados todos os grupos ou colectivos de teatro afeccionado de Santiago, e en particular da rede de centros socioculturais. Tamén poderán participar grupos de mozos e mozas, que no desfile se caracterizarán como estudantes e que terán unha acción definida dentro do desfile teatralizado do domingo.

Para calquera información adicional sobre a programación participada da Festa do Banquete de Conxo, as persoas interesadas poden dirixirse ao mail informacioncsc@santiagodecompostela.gal

Mercado do libro

Desde hoxe, e ata o 30 de abril, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no Mercado do Libro que se desenvolverá na praza Aurelio Aguirre coincidindo coa Festa do Banquete de Conxo.

O Mercado do Libro, impulsado polo departamento de Comercio, celebrarase o sábado 23 e o domingo 24 de maio, en horario de mañá e tarde. Nel poderán expoñer e vender os seus produtos librarías, editoriais e outros sectores vinculados ao libro e a ilustración. O Concello habilitará e acondicionará un espazo cuberto para un máximo de 20 postos, cunha superficie orientativa de 4 metros cadrados cada un deles. Ademais, o mercado contará con actividades complementarias de dinamización, e os expositores e expositoras poderán propoñer ao Concello a realización de actividades como recitais ou presentacións literarias ou artísticas.

O criterio de selección de solicitudes será a orde de entrada en rexistro, dándoselle prioridade ás persoas solicitantes con enderezo social no municipio de Santiago de Compostela. As persoas interesadas poderán solicitar a información complementaria que precisen para valorar a súa participación no seguinte contacto: comercio@santiagodecompostela.gal

Postos de polbeiras

Tamén está aberto desde hoxe o prazo para solicitar autorización para a instalación de tres postos de polbeiras, que terán unha dimensión de 15 x 5 metros. Os postos terán carpa e estará ubicados nas zonas asignadas a tal efecto no recinto do Bosque do Banquete, o día 24 de maio.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A solicitude pode realizarse a través do trámite da sede electrónica do Concello de Santiago “Autorización da ocupación da vía pública para actividades varias”. A data límite de presentación de solicitudes será o día 30 de abril.

Etiquetas

banquete de conxo
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A carballeira de Conxo encheuse de festa na VII edición do Banquete
Actualidad

A carballeira de Conxo encheuse de festa na VII edición do Banquete

A Festa do Banquete volve á Carballeira de Conxo do 22 ao 24 de maio
Actualidad

A Festa do Banquete volve á Carballeira de Conxo do 22 ao 24 de maio

Aprobado un novo trazado para a senda Milladoiro–Santiago que evita o Banquete de Conxo
Actualidad

Aprobado un novo trazado para a senda Milladoiro–Santiago que evita o Banquete de Conxo

Arranca a VI edición da Festa do Banquete de Conxo
Actualidad

Arranca a VI edición da Festa do Banquete de Conxo