ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

A Festa da Uña de San Lázaro celebrarase do 4 ao 7 de abril

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e o presidente da asociación gastronómica e cultural Orde da Uña, Fernando Neira, presentaron o programa da Festa da Uña, unha celebración con gran tradición en Compostela, que é ademais unha das festas gastronómicas máis antigas do país, e coa que colabora Turismo de Santiago grazas ao apoio da Deputación da Coruña.

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de marzo de 2025 a las 15:41

Compartir

Míriam Louzao destacou que este ano consolídanse no programa importantes novidades que se introduciron o ano pasado, que amosan a vitalidade da Festa da Uña de San Lázaro e o seu atractivo tanto para o conxunto da veciñanza de Compostela como para as persoas que visitan a cidade nas datas previas á Semana Santa.

Este ano repítese a inauguración da Festa cunha degustación de Uñas no Centro Comercial As Cancelas. Nesta ocasión incluirá música ao vivo e un pregón que dará a alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín. Esta degustación terá lugar a partires das 20.00 horas do venres 4 de abril.

Ademais, este ano a SD Compostela repetirá como agasallo entradas para o partido do domingo 6 de abril contra o Salamanca no Estadio Vero Boquete a aquelas persoas que consuman uñas nos locais adheridos á promoción gastronómica da Festa da Uña.

Este ano son vinte e cinco os restaurantes, do barrio de San Lázaro pero tamén doutros barrios, que ofrecerán durante estes días as súas versións do tradicional prato das Uñas, que adoitan acompañarse de bertóns, patacas e chourizo. Os locais que ofrecen as uñas, así como o programa completo da Festa, poderá consultarse no programa de Semana Santa e en www.santiagoturismo.gal entre outros.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A Asociación Orde da Uña dedica a Festa deste ano á memoria dos veciños do barrio Ramón Taboada Viña, poxador durante 33 anos, de 1969 ata 2002, Juan Carlos López rey, o “Municipal”, colaborador do anterior, e José Antonio Mosquera Fernández, poxador entre 2003 e 2019.

Etiquetas

compostelafesta da uña
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

A Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle será unha realidade no verán de 2026
Actualidad

A Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle será unha realidade no verán de 2026

El Estado realizará la mayor inversión de la historia en el aeropuerto de Santiago
Actualidad

El Estado realizará la mayor inversión de la historia en el aeropuerto de Santiago

O Victoria FC conmemora dez anos da súa sección feminina no Auditorio de Galicia
Actualidad

O Victoria FC conmemora dez anos da súa sección feminina no Auditorio de Galicia