ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

A falta de limpeza da maleza pon en serio perigo de incendio o monte Pedroso

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de agosto de 2024 a las 13:01

Compartir
  • O actual estado do monte Pedroso fai que sexa un verdadeiro perigo, xa que só faría falta unha pequena chispa producida por calquera elemento, para que todo o matorral que invade o monte, prenda e se provoque un lume, como ten ocorrido noutras ocasións
  • Nerea Barcia explicou que “esta situación supón tamén un importante perigo para vehículos, peóns e ciclistas, xa que a altura e densidade da maleza trae como consecuencia a falta de visibilidade, que impide que os usuarios desta estrada, que sube cara a cima do monte, se poidan ver entre eles”

A concelleira do Partido Popular, Nerea Barcia, vén de reclamarlle ao BNG que leve a cabo, de xeito urxente, a limpeza e roza do monte Pedroso e a súa contorna, ante a alta posibilidade de que se produza algún lume ou accidente de trafico, como consecuencia da falta de execución de traballos de eliminación da maleza existente.

“Só cunha pequena visita a esta emblemática zona de Santiago, pódese ver como as xestas e herbas inundan a estrada, situación que resulta vergonzosa, sobre todo, tendo en conta a altura de ano na que estamos”, subliñou a edil popular.

O actual estado do monte Pedroso fai que sexa un verdadeiro perigo, xa que só faría falta unha pequena chispa producida por calquera elemento, para que toda a maleza que invade o monte, prenda e provoque un lume, como ten ocorrido noutras ocasións.

Así mesmo, explicou Nerea Barcia, “esta situación supón un importante perigo para vehículos, peóns e ciclistas, xa que a altura e densidade da maleza trae como consecuencia a falta de visibilidade, que impide que os usuarios desta estrada, que sube cara a cima do monte, se poidan ver entre eles”.

Ante esta situación queda claro que os nacionalistas non acaban de entender de que esta zona da capital de Galicia é un lugar que precisa “prestarlle unha atención permanente”, remarcou a popular.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Desde o Partido Popular de Santiago, levamos meses pedíndolle ao BNG que leve a cabo os traballos de roza que precisan as zonas verdes de Compostela, ademais da limpeza adecuada de parque e xardíns, “posto que Compostela non pode soportar unha imaxe de deterioro semellante, nin continuar nestas condicións, tendo en conta, como xa dixemos centos de veces, que estas tarefas xa tiñan que estar totalmente rematadas”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.