ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

A Estrada converterase esta fin de semana na sede do Campionato Galego de Bádminton

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de marzo de 2025 a las 14:44

Compartir
  • A proba autonómica dispútase na categoría absoluta, con competición entre as 09.00 e as 20.00 horas no pavillón municipal.
  • Como opcións estradenses figuran Iziar Barcala, Raquel Miguéns, Rubén Comeron, Alejandro Penas e Pedro Brey.

A Estrada, 26 de marzo de 2025.- A Estrada converterase esta fin de semana en sede para a unha nova edición, a número 46, do Campionato Galego Absoluto de Bádminton. O Concello, en calidade de anfitrión desta proba, porá este sábado a disposición da mesma as instalacións do Pavillón Coto Ferreiro.

Segundo os datos facilitados pola organización, nas pistas estradenses daranse cita 70 deportistas procedentes de clubs de toda Galicia, que comenzarán a competir ás 09.00 da mañá. Entre eles figurarán varios representantes do Club Bádminton A Estrada. Entre as opcións estradenses figuran Iziar Barcala, Raquel Miguéns, Rubén Comeron, Alejandro Penas e Pedro Brey.

Os afeccionados ao bádminton poderán desfrutar como espectadores desta competición durante toda a xornada. O campionato galego desenvolverase sobre a pista estradense ao longo de todo o día, estimándose que os convocados manteñan vibrante o campionato galego ata as 20.00 horas.

O bádminton vive na Estrada unha boa tempada. O club local anunciou a comezos deste ano de xeito oficial o seu regreso á Liga Nacional de clubs, poñendo punto e final a un longo período centrado de maneira exclusiva nas competicións individuais. Deste xeito, o club compite esta tempada na Segunda Nacional, organizada polas federacións Galega e Asturiana, co obxectivo de lograr unha praza na fase de ascenso á Primeira Nacional de Bronce. Este proxecto avanza en combinación co seu compromiso coas competicións individuais. A desta fin de semana reforzará esta aposta.

Etiquetas

a estradaBádmintondeportes
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra
Comarca

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas
Comarca

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas