ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

A Estrada acenderá o Nadal o 5 de decembro cun acto solidario protagonizado polos máis pequenos

Os nenos de todos os centros educativos do municipio están chamados a sumarse ao evento.

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de noviembre de 2025 a las 16:18

Compartir

Serán rapaces da Estrada cos que colabora o colectivo Asanog os encargados de pulsar o botón que acenderá todo o alumeado de Nadal da vila.

Recolleranse fondos para esta asociación, que axuda a mellorar a vida de menores afectados por cancro en Galicia.

Haberá tamén un chocolate solidario a prol da entidade e moita animación de rúa.

O séquito A Rombos co Nadal percorrerá o casco urbano dende as 18.30 e a Escola da Banda de Música Municipal encargarase de poñer a banda sonora.

A Estrada, 28 de novembro de 2025.- A Estrada volverá a escribir este ano o seu propio conto de Nadal durante o acendido das luces que vestirán de cor as rúas da capital municipal para estas festas, contribuíndo a incrementar o tirón que as celebracións teñen entre veciños e visitantes. Se o goberno que encabeza Gonzalo Louzao estreou o pasado ano un acto de acendido do alumeado de Nadal cos nenos da Estrada como protagonistas principais, neste 2025 manterase esta mesma liña pero incorporándolle a solidariedade como pano de fondo.

“Estas festas teñen un espírito solidario innegable que nos invita a pensar nos demais e nas súas necesidades. Coido que iso é un atributo marabilloso destas das que podemos experimentar plenamente como sociedade”, sinalou hoxe o alcalde estradense. Foi despois cando explicou que o Concello quixo que a chegada do Nadal á Estrada, o vindeiro venres 5 de decembro, se acompañe dunha campaña solidaria a prol de Asanog, asociación que axuda a mellorar a vida de menores afectados por cancro en Galicia.

Deste xeito, serán varios nenos de familias da Estrada coas que colabora Asanog os que pulsen o botón que fará brillar o Nadal en todas as rúas. O momento chegará arredor das 19.30 horas na Praza da Constitución, se ben dende unha hora antes xa se deixará sentir a maxia destas festas co séquito de A Rombos no Nadal, un amplo pasarrúas formado por músicos, zancos e animadores, que percorrerán a zona peonil dende as 18.30 e a encherán de ambientación.

Ao pé do consistorio esperarán por eles Os Bolechas, que tamén se sumarán a este particular conto estradense de Nadal. No momento de premer o botón, a Praza da Constitución quedará completamente a escuras para acentuar a sorpresa posterior de que sexa a decoración das festas a que ilumine o espazo, comezando pola fachada do Concello, o photocall, o palco da música ou a propia árbore de Nadal de 15 metros de altura.

Cando se estree a iluminación festiva, os canóns dispararán confetti e a Banda Escola da Banda Municipal da Estrada tomará o relevo na ambientación, interpretando catro pezas dun coñecido repertorio de Nadal.

Con todos os centros educativos

Tendo en conta o desexo de que os nenos sexan protagonistas, o Concello da Estrada buscará a implicación e participación dos alumnos de todos os centros educativos do municipio, tanto para que sexan eles os primeiros en gozar da chegada destas festas destacadas como para que compartan o cariz solidario que se lle quere imprimir este ano á chegada desta maxia.

Así, haberá un posto de Asanog no que todos os asistentes poderán facer chegar os seus donativos para respaldar o traballo tan importante que realiza esta asociación, tanto en favor dos nenos e nenas afectados polo cancro como para as súas familias.

Nesta mesma liña, aqueles que acudan ao acendido das luces de Nadal poderán sumarse á chocolatada solidaria, aportada polo Concello pero coa intención de que as persoas que recollan a súa bebida quente nesta tarde poidan realizar unha achega, por pequena que sexa, para contribuír á gran axuda que presta Asanog para familias da Estrada e de toda Galicia.

O alumeado

Dende o acendido do vindeiro venres serán un total de 116 arcos luminosos os que se instalarán nas diferentes rúas e aos que se sumarán outros 302 elementos de iluminación. Moitos deles estarán colocados en puntos como a Praza da Constitución, a Praza de Galicia, a Porta do Sol, Praza da Inmaculada, Praza da Feira ou Praza do Mercado, entre outros.

Despois deste acendido, estas luces prenderanse cada día ás 18.30 horas, apagándose á medianoite durante a semana. Nas fins de semana manterase acendido ata as 03.00.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Concello leva semanas traballando nun programa de Nadal que encha de contido cultural estas semanas tan especiais do ano, ademais de contribuír á ambientación nas rúas para goce de todos os cidadáns e en beneficio dos sectores económicos que teñen no Nadal unha das épocas de máis traballo do ano. Esta programación darase xa a coñecer no transcurso da vindeira semana.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.