ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

A Escola Municipal de Música de Santiago celebra este venres o seu Festival de Nadal

Un ano máis a Escola Municipal de Música celebrará o seu tradicional Festival de Nada no que participarán as agrupacións e formacións musicais máis destacadas do centro: os coros, a Bandiña, a Banda, o Combo de Música Moderna, a Agrupación de Música Tradicional, a Orquestriña, a Orquestra e o Big Band. Cada un destes grupos ofrecerá unha selección de pezas que abranguen diversos xéneros e estilos musicais, que van desde a música clásica ata a moderna ou a tradicional, pasando por composicións propias da época do Nadal.

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de diciembre de 2024 a las 16:15

Compartir

Con 440 alumnos matriculados, a Escola Municipal de Música consolidouse como un pilar fundamental na formación musical da cidade, proporcionando unha educación de calidade e fomentando o talento das novas xeracións de músicos. A súa oferta educativa, que vai dende a iniciación musical ata a formación profesional, permite aos estudantes desenvolver as súas habilidades nun ambiente estimulante e comprometido coa excelencia artística.

O Festival de Nadal é unha mostra do traballo realizado durante todo o ano, onde o alumnado ten a oportunidade de demostrar o aprendido nas clases e compartir a súa paixón pola música coa comunidade. Ademais, este evento xa se converteu nunha cita ineludible na axenda cultural da cidade, que convida a todos os veciños e veciñas a desfrutar do talento e a enerxía dos xoves músicos de Santiago de Compostela.

A entrada ao festival é de balde, previa reserva de entrada, ata completar aforo, polo que todas as persoas amantes da música e da cultura están convidadas a desfrutar dunha tarde chea de emocións e sorpresas.

EMM

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela é unha institución educativa dedicada á ensinanza musical nas súas distintas disciplinas. Con máis de 440 estudantes matriculados, a escola ofrece un amplo abanico de programas educativos, dende clases para iniciados ata formación profesional en diversas especialidades musicais. A súa misión é promover a música como ferramenta de desenvolvemento cultural e persoal, sendo un referente na educación musical na cidade e na comunidade galega.

Etiquetas

compostelaconcertoescolamusicanadalsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

DELACUEVA, este viernes en Sala Sónar: “Para mí, el pop es todo lo que es accesible y tarareable”
Actualidad

DELACUEVA, este viernes en Sala Sónar: “Para mí, el pop es todo lo que es accesible y tarareable”

Concerto de Rodrigo Ramos este venres no Modus Vivendi
Actualidad

Concerto de Rodrigo Ramos este venres no Modus Vivendi

Ángel Sevilla: autenticidad, raíces y lucha en una carrera construida desde abajo
Actualidad

Ángel Sevilla: autenticidad, raíces y lucha en una carrera construida desde abajo