ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComercioEconomía

A empresa galega H. Paniagua, premiada nos Sleeve Label Awards 2023 en Ámsterdam

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de noviembre de 2023 a las 13:15

Compartir
  • A firma está integrada no programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas innovadoras “Galicia Avanza”, que promoven a Xunta e Tecnópole

Santiago de Compostela-Ourense, 17 de novembro de 2023.- A empresa galega H. Paniagua, dedicada á elaboración de licores desde 1878, lanzaba no mes de setembro ao mercado “La Pócima”, a marca máis nova do grupo, cunha ampla proposta de bebidas innovadoras. A firma, con sede no concello ourensán do Carballiño, é unha das beneficiarias da segunda edición do programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas innovadoras “Galicia Avanza”. O programa é froito da colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). “Galicia Avanza” está a apoiar a saída da compañía ao mercado internacional.

A marca “La Pócima” foi galardoada nos premios internacionais Sleeve Label Awards 2023, celebrados en Ámsterdam. Recibiu unha Mención Honorífica na categoría de bebidas espirituosas polo seu innovador deseño e as características técnicas do seu renovado envase. Estes prestixiosos galardóns, que conmemoran a súa novena edición, son os únicos premios independentes dedicados a recoñecer os éxitos máis destacados no etiquetado de envoltorios retráctiles en todo o mundo. Un grupo de expertos avaliaron as distintas candidaturas, baseándose en numerosos criterios, como a calidade da impresión, o deseño do envase, as características innovadoras ou o atractivo do produto nos lineais dos puntos de venda.

H. Paniagua fai unha firme aposta pola innovación e a sustentabilidade, incorporando nos seus envases un pre-corte lonxitudinal e un indicativo que permite separar os distintos elementos e fomentar así a súa reciclaxe. Este aspecto, xunto co uso de “tinta invisible”, que cobra vida baixo a luz ultravioleta, e o seu exclusivo efecto táctil de area, foron aspectos que levaron á consecución deste galardón.

Para o desenvolvemento da identidade visual de La Pócima, H. Paniagua traballou con IPE Industrias Gráficas, empresa referente no etiquetado e impresión de envoltorios para bebidas espirituosas e viño no ámbito nacional e internacional, xunto ao estudo de deseño ourensán Be:Do Creativos.

Produtos con marcado carácter galego

O Grupo Paniagua está formado por H. Paniagua e a súa comercializadora, Destilerías Miño. Dedícase á elaboración e comercialización de bebidas de orixe galega desde 1878, o que a converte nunha das empresas en activo máis antigas da provincia de Ourense.

Desde o seus inicios, a empresa aposta por ofrecer unha completa gama de bebidas que van desde o vermut galego “Povarelo”, pasando polos clásicos licores e cremas “Paniagua”, ata a completa gama de viños “Novilunio” procedentes das distintas denominacións de orixe de Galicia.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Todos os produtos da firma teñen en común o seu marcado carácter galego. Nesta liña, a maioría dos ingredientes que se empregan nas súas elaboracións son de orixe local. Así, por exemplo, a xenebra “The Tinkle Apple” está elaborada con mazás da Estrada (Pontevedra) e as cremas “Paniagua” conteñen nata de leite de vacas galegas.

Etiquetas

h paniagualicorespocimapremio
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

El Joker deja en Noia un premio de un millón de euros
Actualidad

El Joker deja en Noia un premio de un millón de euros

Eloy Fernández Mateos recibe o Premio Fundación SGAE de Investigación en Cultura 2025
Actualidad

Eloy Fernández Mateos recibe o Premio Fundación SGAE de Investigación en Cultura 2025

Gaña dous millóns de euros en Silleda xogando á Bonoloto
Comarca

Gaña dous millóns de euros en Silleda xogando á Bonoloto

Infinita Viajes, premiada de nuevo a nivel nacional por su excelencia en ventas
Actualidad

Infinita Viajes, premiada de nuevo a nivel nacional por su excelencia en ventas