ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DeportesDeputación da Coruña

A Deputación felicita ao Obradoiro polo seu regreso á ACB

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o deputado de Deportes, Antonio Leira, acompañados de representantes dos grupos provinciais, recibiron esta tarde no salón de plenos ao Monbus Obradoiro tras o seu ascenso á ACB, a máxima categoría do baloncesto español.

Líder Redacción

Líder Redacción

13 de mayo de 2026 a las 22:56

Compartir

No acto, a Deputación trasladou a felicitación da provincia ao club compostelán polo regreso á Liga Endesa, un logro que recoñece o traballo do equipo, do corpo técnico, da directiva e dunha afección que volveu demostrar o seu apoio ao Obradoiro nos momentos decisivos da tempada.

Valentín González Formoso destacou que o ascenso “é unha magnífica noticia para Santiago, para a provincia da Coruña e para todo o deporte galego”, e subliñou que o Obradoiro “forma parte da historia do noso baloncesto, cunha traxectoria sólida e construída con esforzo e moita capacidade de resistencia”.

O presidente da Deputación desexou ao equipo “a maior das sortes” nesta nova etapa na ACB e expresou a confianza en que o club poida consolidarse de novo na elite. “Sabemos que a ACB é unha competición esixente, pero tamén sabemos que o Obradoiro ten capacidade, unha afección entregada e a toda unha cidade detrás”, afirmou.

Durante a recepción, Formoso puxo tamén en valor a potencia do baloncesto na provincia da Coruña, tanto no ámbito profesional como no deporte de base. “O basket coruñés vive un momento de enorme forza. Temos clubs que compiten ao máximo nivel, canteiras que nos deparan un futuro ilusionante e unha afección cada vez maior que sente o baloncesto, polo que o éxito do Obradoiro é tamén gasolina para os equipos de baloncesto base”, afirmou.

Pola súa banda, o deputado de Deportes, Antonio Leira, felicitou tamén ao club polo ascenso e salientou “o exemplo de constancia” que representa o Obradoiro. “Despois dun descenso nunca é doado volver. O mérito deste equipo foi levantarse, competir con ambición e devolverlle á afección a alegría de ver o Obradoiro outra vez na ACB”, afirmou.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A recepción celebrouse no salón de plenos da Deputación da Coruña, onde representantes da institución provincial compartiron co equipo, corpo técnico e directiva do equipo o recoñecemento público por unha tempada espectacular que devolve ao Obra á elite do baloncesto estatal.

Etiquetas

deputacion da coruñamonbus obradoiro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Monbus Obradoiro recibe o Selo de Comunicación Responsable
Deportes

O Monbus Obradoiro recibe o Selo de Comunicación Responsable

“As festas merecen máis”: a oposición critica o cartel da Ascensión e o goberno reivindica a aposta galega
Actualidad

“As festas merecen máis”: a oposición critica o cartel da Ascensión e o goberno reivindica a aposta galega

Raúl López confirma a renovación de Epi: “Vai seguir. El está contento e nós tamén”
Deportes

Raúl López confirma a renovación de Epi: “Vai seguir. El está contento e nós tamén”

¡EL OBRADOIRO VUELVE A LA ACB Y FONTES DO SAR EXPLOTA DE FELICIDAD!
Deportes

¡EL OBRADOIRO VUELVE A LA ACB Y FONTES DO SAR EXPLOTA DE FELICIDAD!