ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDeportesDeputación da Coruña

A Deputación da Coruña asumirá máis da metade do custo da reforma do estadio Vero Boquete

Líder Redacción

Líder Redacción

31 de octubre de 2025 a las 15:05

Compartir
  • As obras incluirán a reparación integral de fachadas, cubertas e soportais, así como melloras nas zonas interiores de presidencia e cafetería
  • Aprobados tamén os convenios para o financiamento das actividades dos centros socioculturais do Ensanche e do rural

A Coruña, 31 de outubro de 2025.  O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade o convenio co Concello de Santiago para o financiamento das obras de rehabilitación do estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro, en Santiago de Compostela.

As obras suporán un investimento de 1.292.790 euros, dos que 850.000 (o 65,7%) serán achegados pola institución provincial.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que o proxecto dá cumprimento ao compromiso adquirido coa cidade e co seu club de fútbol. “Ao igual que fixemos en Riazor na Coruña e na Malata en Ferrol, a Deputación colaborará no financiamento das obras de mellora do estadio compostelán, unha infraestrutura de referencia para o deporte galego que precisa actualización e mantemento”, sinalou o presidente.

O proxecto das obras para o estadio compostelán recolle a aplicación das medidas correctoras do estudo integral de patoloxías do estadio, que ten unha capacidade para 13.000 espectadores e conta cun aparcadoiro para 2.000 vehículos.

As actuacións previstas inclúen a reparación integral das fachadas, cubertas e soportais, así como diversas melloras interiores. En concreto, o plan contempla a limpeza, pintado e selado de xuntas nas fachadas con revestimentos elásticos e masillas especiais, e a substitución da carpintería de muro cortina na Porta 1.

Na cuberta prevese a reparación de todas as xuntas entre placas e a aplicación dun novo sistema impermeabilizante de poliuretano con acabado antiescorregadizo, ademais da reposición dos paneis de policarbonato que separan distintos tramos por módulos novos e máis resistentes. Tamén se repararán e pintarán as pilastras e soportais con pintura anticarbonatación para protexer o formigón, e acometeranse melloras interiores como o pintado das particións e falsos teitos da zona de presidencia e a substitución do falso teito e paneis decorativos da cafetería.

O proxecto prevé un prazo total de execución de catro meses, divididos en catro sectores de obra que abranguen a totalidade do perímetro do estadio. Cada sector comprenderá un mes de traballo, coordinado para minimizar o impacto sobre a actividade deportiva e o tráfico da zona.

Actividades dos centros socioculturais

O pleno deu tamén luz verde a outros dous convenios co Concello de Santiago para o financiamento das actividades do centro sociocultural do Ensanche (140.000 euros) e dos centros socioculturais do rural compostelán (A Gracia, A Peregrina, A Barciela, Aríns, Bando, Busto, César, Enfesta, Figueiras, Grixoa, Lamascal, Laraño, Lavacolla, Marantes, Marrozos, Nemenzo, Santa Cristina de Fecha, San Xulián de Carballal, Verdía e Villestro), con 75.000 euros.

As actividades programadas co apoio económico da Deputación nestes centros van dirixidas tanto ao público adulto como ao infantil, facendo especial fincapé nos maiores, dado o envellecemnto da poboación rural.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Entre ellas destacan os cursos para aprender a manexar ferramentas dixitais (móbil, tablet, ordenador, correo electrónico, videochamadas…), aínda que tamén hai obradoiro para os máis pequenos e actividades físicas (baile, ximnasia) e de entreamento cognitivo para os maiores.

Etiquetas

deportesobrasreformavero boquete
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete
Deportes

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española
Deportes

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española

El llamamiento del CB Ames: “Esperamos que más patrocinadores entiendan que Ames quiere baloncesto”
Actualidad

El llamamiento del CB Ames: “Esperamos que más patrocinadores entiendan que Ames quiere baloncesto”