ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadNoticia LíderSociedad

«A cultura urbana entrou nos museos co graffiti e chegou ás Olimpiadas co breakdance e o skate»

Compostela Street Festival celebrará a súa primeira edición esta fin de semana no Campus Sur de Santiago, converténdose nun referente da cultura urbana a nivel nacional e internacional. O evento reunirá máis de 500 participantes en disciplinas que van desde o breaking, o street workout ou o beatbox, ata o baloncesto 3×3, o parkour e o skate. Ademais, contará con concertos, talleres para nenos, zonas de relax e espazos abertos para iniciarse nestas actividades.

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de septiembre de 2025 a las 21:33

Compartir

Alberto Muíño, un dos organizadores, destacou que “é un macrofestival de cultura urbana cun montón de microfestivais dentro do propio festival”. Lembrou que o proxecto naceu da evolución do antigo Compostela Skate, que comezou en 2007 como unha pequena quedada e agora medrou ata converterse nun evento inclusivo, participativo e cunha dimensión sen precedentes.

O escenario natural do Campus Sur será a sede das actividades. “É unha zona espectacular, ao aire libre, sombreada e con céspede, todo o necesario para que un evento saia perfecto”, explicou Muíño, quen tamén destacou o apoio da Universidade de Santiago e de institucións locais.

O programa inclúe probas de alto nivel, como o Campionato de España de breaking e a competición mundial de street workout. “Queremos que sexa un evento aberto a todo o mundo, pero tamén dar ese toque profesional traendo probas cun nivel altísimo que non se ven habitualmente”, apuntou o organizador.

Muño lembrou que a entrada será gratuíta e animou a participar non só como público, senón tamén colaborando: “O máis importante é que a xente veña, que faga ruido, que participe, e sobre todo que a mocidade atope un hobby ou unha disciplina que lle faga clic e lle poida cambiar a vida”.

O organizador salientou tamén o cambio de percepción social arredor da cultura urbana: “Hai 20 anos o graffiti era visto como vandalismo; hoxe é arte urbano exposto en museos. O skate e o break eran cousas de rapaces facendo ruido, agora son deportes olímpicos”. Para Muño, esta evolución fixo posible que institucións e cidadanía abracen eventos coma este.

A programación prolongarase de venres a domingo, con actividades desde as dez da mañá ata a noite, incluíndo concertos de artistas como LaBlackie, DJ Mil, Lady Funk ou Ricki Hombre Libre. “Este só é o inicio. Queremos medrar ano tras ano, mellorando a comodidade tanto dos deportistas como do público. Compostela Street vén para quedar”, concluíu.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

compostela street festivalcultura urbanaSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago