ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

A climatoloxía adversa fai perder aos viticultores das Rías Baixas boa parte da colleita

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de julio de 2024 a las 19:10

Compartir
  • Existe unha baixada arredor dun 25-30% da produción respecto á campaña anterior
  • Demandan que se manteña ou incluso aumente o prezo do quilo de uva á produtora

Compostela, 23 de xullo de 2024. “Este ano ás viticultoras vainos saír custoso o quilo de uva porque hai menos produción”, afirma Cristina Carrera, viticultora da zona do Condado. Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) estiman que existe unha baixada de produción respecto da colleita do ano pasado de arredor dun 25%-30%, un descenso ocasionado polo menor nacemento de uva con respecto á campaña anterior; por mor da climatoloxía e das precipitacións, que fixeron que se producira moito corremento nos acios; e favoreceron os numerosos ataques do mildio (enfermidade criptogámica das plantas que ataca especialmente a viña e se manifesta pola aparición de manchas nos órganos afectados -follas, flores e froitos-), sobre todo o larvado, que dende principios do mes de xuño atacou fortemente os acios provocando a perda da colleita ao respecto das previsións iniciais.

“Ademais de nacer menos uva este ano tivemos que realizar máis controis fitosanitarios, xa que houbo moito mildio e ao ser o inverno e a primavera chuviosos obrigounos a facer diversos coidados”, admite Carrera, que ademais de viticultora tamén visita e asesora viñas e está ao tanto da problemática existente. “Por outra banda a floración este ano foi moi mala. Había moita humidade e as temperaturas moi baixas e iso fixo que os acios fosen máis pequenos e pesen menos. Xunto a iso, tivemos que desbrozar continuamente as parcelas porque hai moita vexetación e a mesmo tempo facer labores frecuentes de despunte, problemas para todo. Logo tamén tivemos que contratar xente para sacar folla, e así conseguir airear os acios para que entraran ben os tratamentos e conseguir que frearan os ataques de mildio que houbo”, insiste.

Todos estes factores motivaron que as viticultoras e os viticultores das Rías Baixas tiveran que afrontar máis gastos para conservar a colleita e máis gastos en man de obra, á vez que se incrementaron os prezos das aplicacións fitosanitarias e da maquinaria.

Por estas circunstancias, dende o Sindicato labrego Galego-Comisións Labregas solicitamos que, habendo menos colleita e tendo en conta a boa situación do mercado, o prezo da uva que se lle paga ás persoas produtoras siga manténdose ou incluso aumente por mor da problemática que atravesan as viticultoras e viticultores. Ademais constatamos que existe demanda por parte das adegas para a compra de uva, xa que o mercado segue na alza, sobre todo na venda de viño branco, e necesítase a colleita para manter o mercado e incluso despois do incremento de prezo na botella de viño branco.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.