ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

A Casa da Troya abrirá ao público durante toda a Semana Santa

A vella pensión de estudantes estará aberta ao público durante toda a Semana Santa

Líder Redacción

Líder Redacción

31 de marzo de 2026 a las 17:16

Compartir

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2026 (Vía Láctea Comunicación).- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou esta mañá en Santiago o Museo Casa da Troya, a vella pensión de estudantes que inmortalizou o escritor Alejandro Pérez Lugín na súa novela homónima. No seu percorrido, o conselleiro estivo acompañado polo director do Museo, Benigno Amor; e polo director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

O Museo Casa da Troya, xestionado pola Asociación de Antiguos Tunos Compostelanos, recrea unha antiga pensión de estudantes e a vida universitaria de Santiago de finais do século XIX. O edificio, construído a mediados do século XVIII, foi hospedaría entre os anos 1886 e 1906 e nel aloxouse o personaxe principal da novela de Lugín e os seus compañeiros de estudos. Abriu as súas portas como museo en 1993, grazas ao mecenas compostelán Benigno Amor Rodríguez, finado en 2009.

O Museo, que está accesible ao público durante a Semana Santa e nos meses de verán, xa ten as súas portas abertas. Pode visitarse ata o domingo 5 de abril (incluído), pechando unicamente o luns 30 e o martes 31 de marzo. As visitas son guiadas e teñen unha duración de entre vinte e vintecinco minutos, en grupos de quince persoas como máximo. O horario é o habitual, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O Museo abrirá novamente o 14 de maio, coincidindo coa festividade da Ascensión, para comezar a súa temporada de primavera-verán.

As entradas ao Museo son de 3 euros o prezo xeral e de 2 euros o reducido para familias numerosas, persoas xubiladas e desempregadas, estudantes, peregrinos e tamén para a veciñanza de Compostela. As visitas para grupos poden reservarse a través do correo visitas@lacasadelatroya.gal ou dos teléfonos do Museo: 981 585 159 e 695 211 266.

 

 

 

 

 

 

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.