ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Destacado

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este xoves a VI Gala Lingua e Empresa

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de noviembre de 2023 a las 12:41

Compartir
  • Blas García indica que “esta gala será un acto aberto ao público no que se pretende poñer en valor o tecido empresarial local xunto coa lingua galega e servir como recoñecemento e como espazo de encontro e de intercambio de experiencias entre empresas amesás que teñen presente a lingua na súa comunicación”
  • Nesta ocasión, incrementou en sete o número de empresas participantes con respecto á edición anterior. Deste xeito, nesta edición presentáronse 33 empresas, mentres que na edición de 2022 foron 26 entidades as que concorreron aos ditos Premios
  • As empresas gañadoras desta edición daranse a coñecer na Gala Lingua e Empresa que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro este xoves, 9 de novembro, ás 20.30 horas. Os premios están dotados de 1500 euros e unha campaña publicitaria en Ames Radio, a emisora municipal

Ames, 8 de novembro de 2023.- O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística, organiza un ano máis os Premios Lingua e Empresa, que promoven o uso da lingua galega no ámbito empresarial local. Nesta ocasión, incrementou en sete o número de empresas participantes con respecto á edición anterior.

Deste xeito, nesta edición presentáronse 33 empresas, mentres que na edición de 2022 foron 26 entidades as que concorreron aos ditos Premios. As empresas gañadoras desta edición daranse a coñecer na Gala Lingua e Empresa que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro este xoves, 9 de novembro, ás 20.30 horas. Os premios están dotados de 1500 euros e unha campaña publicitaria en Ames Radio, a emisora municipal.

Manolo Maseda e Xurxo Souto serán os encargados de conducir e amenizar con diversas regueifas a Gala Lingua e Empresa, que se vai a celebrar este xoves, 9 de novembro, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Será un evento aberto a toda a veciñanza que queira participar. No acto estarán presentes as 33 empresas que se presentaron ao certame este ano, pero tamén están convidadas as empresas que participaron nas cinco edicións anteriores e mais os membros do xurado.

No transcurso da gala desvelarase cales son as empresas que o xurado recoñeceu nesta edición e entregaranse os correspondentes premios.

O alcalde e responsable do Servizo de Normalización Lingüística, Blas García, indica que “esta gala será un acto aberto ao público no que se pretende poñer en valor o tecido empresarial local xunto coa lingua galega e servir como recoñecemento e como espazo de encontro e de intercambio de experiencias entre empresas amesás que teñen presente a lingua na súa comunicación.

Ademais, no seu transcurso desvelarase cales son as empresas que o xurado recoñeceu nesta edición e entregaranse os correspondentes premios”.

Incremento da participación

Este ano presentáronse ao certame un total de 33 empresas, unha cifra que incrementa en 7 entidades a participación da edición anterior. A convocatoria ten dúas categorías: na primeira delas concorreron negocios que fan un uso consolidado e estable do galego dende hai máis de dous anos e, na segunda, participaron empresas que naceron nestes dous últimos anos ou que incorporaron a lingua galega na súa comunicación nese mesmo período.

Nesta edición, na categoría A (uso consolidado da lingua) participan 20 entidades, e á categoría B (nova incorporación da lingua) presentáronse 13 empresas. Hai empresas de todo tipo: tendas, salóns de beleza, ópticas, academias, asesorías, produtoras audiovisuais, empresas de avogados, etc. A dotación económica será de 3.000 euros en total, 1.500 para cada unha das categorías. Ademais, o premio inclúe unha campaña de difusión en Ames Radio, a emisora municipal.

Composición do xurado

Nesta ocasión, o xurado está formado por Xisela Delgado Caseiro, de SOMA, Centro de Terapia Integral, como representante das empresas gañadoras na pasada edición de 2022; Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), en nome dos consumidores e consumidoras; Olalla Alvite del Río, da asociación de empresarios Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), como representante do asociacionismo empresarial; e Fátima Souto Muñiz, graduada en Lingua e Literatura Galega e especialista no proceso de Normalización Lingüística.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Este xurado foi o encargado de valorar a utilización do galego na comunicación diaria da empresa, tanto oralmente como por escrito. Así mesmo, tivo en conta o impacto que a actividade dos negocios ten en sectores especialmente relevantes para o proceso de normalización lingüística.

Etiquetas

amesgalaLingua e Empresamilladoiro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación