ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y Cultura

A bela dormente de Chaikovski protagoniza o Concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá o vindeiro venres, 5 de xaneiro (21h), no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, o seu tradicional Concerto de Reis que levará por nome A bela dormente e no que unha selección de pezas deste fermoso ballet de Chaikovski será protagonista. Esta actuación está incluída dentro da temporada de abono da RFG: Migracións.

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de enero de 2024 a las 20:27

Compartir

Este recital estará dirixido por Sebastian Zinca, e nel participará como narradora e actriz Inés Salvado Gontad. Zinca foi o elixido como director asistente, cargo que comenzará a desempeñar a vindeira semana. Ademais, nesta ocasión, o ensaio xeral que se levará a cabo ese mesmo venres ás 10h da mañá tamén estará aberto ao público con acceso libre.

Ballet histórico

A bela dormente é un ballet con grande historia xa desde a súa estrea, na cal se deron cita os nomes lendarios do ballet ruso: a coreografía de Petipa e a música de Chaikovski, na súa primeira colaboración. Este ballet suaviza a crúa trama do conto de Perrault deixando toda a historia nunha loita xenérica entre o ben o mal. Malia á beleza da música e a todos os achados de A bela dormente, o ballet recibiu como única valoración un sucinto «moi bonito» do Tsar Alexandre III. Co paso do tempo, o enfado de Chaikovski sería recompensado pola valoración da historia.

Narradora e actriz

Este concerto contará con Inés Salvado Gontad como narradora e actriz do ballet, quen está vencellada ás artes escénicas desde o ano 2006, traballando na compañía profesional A Feroz ou como actriz no Centro Dramático Galego na peza O Charco de Ulises.

Ademais, Inés é integrante do grupo musical De Vacas, galardoado nos Premios da Música Martín Códax en 2016 e premiado na II edición do Festival Territorio Violeta na Feria de Teatro de Ciudad Rodrigo no 2018. Tamén é vocalista e percusionista na banda de Budiño e no Coro Encaixe.

Entradas á venda

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os tickets de acceso ao concerto poden adquirirse no despacho de billetes da Zona C ou a través da web compostelacultura.org a un prezo de 15€.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.