ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarca

A Aula da Natureza de Ames organiza o 6 de abril o obradoiro “Alianza cos morcegos”

 

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de abril de 2024 a las 20:18

Compartir

 

 

  • Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos, e realizarase en horario de 11:00 a 14:00 horas na Carballeira dos Trasgos, en Paramuíño
  • Ofértanse un total de 35 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición
  • Consistirá na construción e colocación de caixas niño-refuxio para colonias de morcegos deseñadas tanto para morcegos semi – urbanos como de campo
  • O obradoiro contará cun servizo de autobús

Ames, 3 de abril de 2024.- A Aula da Natureza organiza este sábado, 6 de abril, un obradoiro de construción de refuxios para morcegos. Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos, e realizarase en horario de 11:00 a 14:00 horas na Carballeira dos Trasgos, en Paramuíño. Para inscribirse é preciso enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal . Ofértanse un total de 35 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. En caso de choiva, o obradoiro farase nas instalacións da Aula da Natureza, no lugar de Quintáns (Ameixenda).

Este sábado, 6 de abril, a Aula da Natureza organiza un obradoiro de construción e colocación de caixas niño-refuxio para morcegos. A actividade está dirixida a mozos e mozas de entre 8 e 14 anos, e realizarase en horario de 11:00 a 14:00 horas na contorna da Carballeira dos Trasgos (Paramuíño). En caso de choiva, o obradoiro trasladarase ás instalacións da Aula da Natureza no lugar de Quintáns, na Ameixenda.

Os morcegos seguen sendo grandes descoñecidos para o público xeral e, aínda que son habitantes habituais de zonas urbanas e rurais e achegan grandes beneficios para o benestar humano, estes pequenos mamíferos arrastran unha connotación negativa, rodeada de mitos e datos erróneos.

Os morcegos xogan un papel clave no control de pragas agrícolas e de mosquitos. Poden comer entre 600 e 1,200 mosquitos por hora e nunha soa noite, o total equivalente ao seu peso corporal. Sen eles, a nosa vida sería moito máis incómoda. Ademais, xunto coas aves, controlan a procesionaria do piñeiro de parques e xardíns e outras pragas

Este obradoiro consistirá na construción e colocación de caixas niño-refuxio para colonias de morcegos deseñadas tanto para morcegos semi – urbanos como de campo.

Ao longo da xornada, profundarase sobre as ameazas que existen sobre este grupo de mamíferos, a necesidade e obxectivos de colocar refuxios, as razóns polas que se elixe unha paraxe concreta para a súa colocación, os motivos polos que se elixe un lugar exacto (xeralmente unha árbore) e a altura e orientación recomendable, que especies e cando poden ocupar ditas caixas.

As caixas colocadas servirán como recurso educativo para explicar á veciñanza e aos
escolares que visitan a zona a importancia destes animais.

Servizo de autobús

O obradoiro contará cun servizo de autobús, que terá o seguinte horario e paradas:

Saída:

 10:30 horas – Pazo da Peregrina de Bertamiráns
 10:45 horas – Casa da Cultura do Milladoiro

Regreso:

 14:00 horas – Casa da Cultura do Milladoiro
 14:15 horas – Pazo da Peregrina de Bertamiráns

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Para obter máis información, pódese enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal .

Etiquetas

amesmorcegosradio lider santiagoxornada
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego