ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDeportesPolítica

Icía Ares, do Ames Atletismo Savante, campioa de España sub-18 na proba 5.000 marcha en pista

Icía Ares vén de completar unha gran tempada. Ata o de agora xa posuía o bronce nacional nos 5000 marcha en ruta e os títulos de campioa galega absoluta e sub-18, pero a todo isto sumou o campionato de España sub 18 na proba de 5.000 marcha en pista, logrado o pasado 5 de xullo en Castellón

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de julio de 2025 a las 23:32

Compartir

Ademais, Icía Ares remata a tempada coa magnífica nova da convocatoria da selección española de atletismo para participar no campionato Iberoamericano do 19 e 20 de xullo en Paraguay

Ames, 15 de xullo de 2025.- A atleta do club Ames Atletismo Savante, Icía Ares, vén de proclamarse campioa de España sub 18 na proba de 5.000 marcha. A deportista do club amesán, que competiu baixo as cores do club Ourense Atletismo, logrou a medalla de ouro no campionato nacional celebrado en Castellón. Ademais, Icía Ares remata a tempada coa magnífica nova da convocatoria da selección española de atletismo para participar no campionato Iberoamericano do 19 e 20 de xullo en Paraguay.

Icía Ares, atleta do club Ames Atletismo Savante, vén de completar unha gran tempada. Ata o de agora xa posuía o bronce nacional nos 5000 marcha en ruta e os títulos de campioa galega absoluta e sub 18, pero a todo isto sumou o campionato de España sub 18 na proba de 5.000 marcha en pista, logrado o pasado 5 de xullo en Castellón.

Ademais, a atleta do grupo de marcha da adestradora Mayka Jueguen finaliza a tempada coa magnífica nova da convocatoria da selección española de atletismo para disputar o campionato Iberoamericano do 19 e 20 de xullo en Paraguay, a onde acude coa máxima ilusión e con tódalas opcións abertas.

Campionato galego sub 20

Por outra banda, o club Ames Atletismo Savante participou no campionato galego sub 20 con 4 atletas. Nicolás Collazo conseguiu a medalla de ouro na proba de 5.000 marcha; e Gonzalo Aguín tamén se proclamou campión galego en pértega e MMP en xavelina. Ademais, Noa Rey logrou a medalla de bronce no relevo 4×100; e Bruno García que debutaba fóra de concurso no martelo de 6 quilogramos.

Por último, na festa do atletismo celebrada en Pontevedra participou o equipo mixto de relevo composto por Bruno García, Lucía Quintáns, Noa Rey e Gonzalo Aguín. Tamén participaron na proba de 220 vallas; Noa Rey e Lucía Quintáns, quedando primeira e segunda da súas series e logrando o récord galego sub 20 e sub 18.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

amesAmes Atletismo Savanteatletismodeportesicia ares
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación