ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSociedad

A Asociación Raigame traslada hoxe ás autoridades un escrito sobre o ocio nocturno na Zona Nova

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de noviembre de 2025 a las 09:55

Compartir
  • A Asociación manterá este martes reunións coa Comisaría do CNP, co concelleiro Xan Duro e coa Policía Local, ás que presentará un escrito e unha serie de preguntas sobre as actuacións da Policía Local e os trámites administrativos que seguen as denuncias presentadas

No documento, a asociación afirma que “nos últimos anos estamos asistindo a un modelo de ocio nocturno moi violento que se manifesta en apuñalamentos ou pelexas multitudinarias ás portas de determinados locais de negocio do ocio nocturno”. Engade que “estes negocios atraen a persoas alcoholizadas e drogadas cuxa expresión máxima de violencia ten lugar ás portas destes establecementos, xa que son expulsadas do seu interior”, e que “arredor destes lugares proliferan outros negocios en pisos e locais, coma o tráfico de drogas, que se aproveitan deste público alcoholizado e drogado”.

O escrito tamén recolle que “ás molestias de ruídos exaxerados xerados nestes locais temos que sumarlle os comportamentos incívicos de todo tipo xerados na vía pública. Ata o punto de que os taxistas non acudan a estes lugares a partires das 4 de mañá por consideralos perigosos”.

A veciñanza —indica o texto— ten informado de incidentes repetidos “en 10 puntos da Zona Nova que están en mans de 7 empresarios deste tipo de negocio”. En total, “15 establecementos de ocio só na Zona Nova que, a partires da hora de peche, botan á rúa a centos de persoas, moitas delas bébedas, que deambulan polo barrio en busca dos 2 afters que actúan como recolledores”. A asociación considera que “non hai policía suficiente para controlar semellante situación”.

No documento menciónanse como negocios que máis incidentes comunican Stilo, TNT e La Grandota, ademais de Guayaba, Vanitas, Gabbana, O de Sempre, Circus, The Capital e Blaster, así como “pisos onde se trafica con droga a todas horas do día e da noite”, poñendo como exemplo  de «aparente impunidade o nº 5 da rúa Santiago de Chile”.

A asociación manifesta que “non sería xusto ver só un problema de orde pública e culpabilizar unicamente ás persoas alcoholizadas e drogadas” e pregunta “cal é a responsabilidade de estes 7 empresarios que obteñen o seu beneficio económico do consumo nos seus negocios ata altas horas da madrugada”. Engade que “en Francia e no País Vasco os empresarios destes locais son responsables do que fagan os seus clientes diante dos seus establecementos”.

O escrito sinala ademais que “os custos dos servizos sanitarios, policiais, de limpeza e os destrozos ocasionados no mobiliario público ten que sufragalos a veciñanza que os padece”, e alerta da “percepción de inseguridade a consecuencia das repetidas agresións, roubos, ruídos descontrolados, pelexas multitudinarias e actos vandálicos”.

A Asociación Raigame do Ensanche exixe como primeira medida o cumprimento da lexislación vixente en materia de licenzas, horarios, aforos e control dos sonómetros instalados nos locais de ocio nocturno da cidade. Tamén exixe a erradicación dos puntos de venda de drogas e considera que se debe actuar “a nivel de toda a cidade para non levar o problema a outros barrios”.

Por último, anuncia que “imos xudicializar as denuncias e pedímoslle á veciñanza que nos contacte para formalizar as denuncias correspondentes”. Ademais, pide que “as persoas que padecen algún tipo de patoloxía agravada pola situación de ruídos e molestias ocasionadas por determinados negocios de ocio, acudan ao seu médico e soliciten informes da súa situación”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Consulta aquí o escrito ao completo

Etiquetas

Asociacion RaigameAsociación Vecinos ensanche RaigameraigameSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago