ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadNoticia LíderSociedad

A Asociación Cultural Cidade Vella propón unha ruta de Samaín por seis locais de Compostela

Líder Redacción

Líder Redacción

31 de octubre de 2025 a las 10:34

Compartir
  • A Gramola, Camalea, Pub Atlántico, Borriquita de Belém, Xuntanza e Momo celebran o Samaín con música, disfraces, cine e humor entre o 31 de outubro e o 1 de novembro

Chega o Samaín, a antiga festa celta que marcaba o fin do verán e o comezo do inverno, cando —segundo a tradición— os espíritos atravesaban a fronteira entre o mundo dos vivos e o dos mortos. Galicia mantén viva esta tradición ancestral, e Santiago de Compostela énchese cada ano de iniciativas culturais, festivas e veciñais para celebralo.

Entre esas propostas destaca a que impulsa a Asociación Cultural Cidade Vella, que agrupa a locais hostaleiros comprometidos coa cultura e coa cidade. Este ano, seis deles —A Gramola, Camalea, Pub Atlántico, Borriquita de Belém, Xuntanza e Momo— unen forzas para ofrecer unha ruta de Samaín chea de música, disfraces, cinema e humor. As actividades repártense entre o 31 de outubro e o 1 de novembro, segundo o local.

As propostas de cada local

  • A Gramola: o 31 de outubro e o 1 de novembro (desde as 20:00 h), acollerá unha Foliada de Defuntos.
    • Camalea: o 31 de outubro, ás 22:00 h, celebra a súa Noite das Mortas, cunha ruleta “que fai voltar do máis alá.”
    • Borriquita de Belém: o 31 de outubro, ás 23:00 h, ofrecerá un DJ Set a cargo de El Hombre Vil.
    • Pub Atlántico: o 31 de outubro, ás 23:00 h, organiza a Festa de Defuntos con DJ Belish, sangrita e concurso de disfraces. O 1 de novembro, tamén ás 23:00 h, continúa coa Festa Mexicana, con cócteles de tequila e mezcal, altar de mortos e música de El Hombre Vil.
    • Xuntanza: o 31 de outubro celebra a Noite de Samaín, con chopiños gratis para as persoas disfrazadas.
    • Momo: o 31 de outubro e o 1 de novembro, desde as 23:00 h, propón unha Noite de película con clásicos do cine de terror, concurso de disfraces, sorteos, maquillaxe e flocos de millo a esgalla.

Durante a súa entrevista en Radio Líder Santiago, Gustavo Freire, responsable do Café Bar Camalea e membro da asociación, explicou que esta proposta xorde “porque o Samaín cada vez ten máis forza en Compostela. En Santiago a xente non escapa da cidade: quedase, disfrázase e vive o Samaín con moito entusiasmo. Vemos que a xente se disfraza moito máis que no Entroido, e dende os locais percibimos un ambiente espectacular.”

Freire destacou tamén que o labor da asociación require coordinación e diálogo constante: “Moitas veces hai que poñer puntos en común, e tamén hai pensamentos distintos, pero, como en calquera asociación, coa palabra e coas ideas clariñas, pouco a pouco imos chegando a acordos.”

O hostaleiro lembrou que todos comparten unha mesma filosofía de traballo: ofrecer cultura e convivencia a través da hostalaría. “Gústanos ver a asociación como un ente dinamizador da cultura na zona vella. Ademais de ser un lugar para tomar algo, os locais somos un punto de encontro, un canalizador das relacións humanas.”

Durante a conversa, subliñou a importancia de manter o equilibrio coa veciñanza. “Prevalecemos sempre a convivencia cos veciños e propoñemos actividades non só hostaleiras, senón tamén culturais. Cada local sabe como ten que organizarse, e cumprimos escrupulosamente as normas para manter unha convivencia pacífica e tranquila.”

A Asociación Cultural Cidade Vella, creada en 1987, agrupa a unha quincena de establecementos da zona histórica compostelá. O seu obxectivo, lembra Freire, é “ser un axente dinamizador da vida cultural e social da cidade”, e actividades como esta ruta de Samaín serven para “revitalizar a zona vella tamén no outono, non só no verán co Feito a Man.”

“O Samaín é unha escusa perfecta para reivindicar o compostelanismo e a convivencia entre veciños e hostaleiros, sempre dende o respecto e o bo humor,” engadiu o responsable do Camalea.

Con ese espírito, Freire adianta que a asociación xa traballa en novas propostas para o nadal, con actividades que sigan facendo da cidade vella un espazo vivo, cultural e acolledor durante todo o ano.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

A GramolaAsociación cultural Cidade VellaBorriquita de BelémCamaleaGustavo Freire CamaleaMomoPub AtlánticoRuta Samaín Santiago de CompostelasamainSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.