ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoTurismo

A asociación ATHC organiza as I Xornadas de Turismo «Cando Compostela gana» os días 25 e 26 de xuño

A Asociación de Turismo e Hostalería Compostela (ATHC), co apoio de Turismo de Galicia, organiza os vindeiros 25 e 26 de xuño unhas xornadas de debate sobre o sector que se desenvolverán na Hospedería San MartIn Pinario.

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de junio de 2025 a las 01:58

Compartir

Estas I Xornadas de Turismo en Santiago ‘Cando Compostela gana’ comezarán o mércores 25 ás 17.00 h coa conferencia ‘Santiago de Compostela e o Camiño: historia, cultura e turismo’ impartida pola directora do CETUR (Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da USC), Lucrezia López. Continuarán despois co relatorio ‘Os turistas como persoas consumidoras e usuarias’, que ofrecerá Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia e presidente da Confederación ConsumES.

A segunda xornada, o xoves 26, arrancará tamén ás 17.00 h coa intervención da profesora Otular da USC e coordinadora do Grupo de Investigación POSMARK e directora do Master en Marketing Dixital e Xestión Comercial da USC, Marisa del Río, cunha conferencia titulada ‘Saturar ou soster: o dilema turístico de Santiago’. Marisa foi ademais coordinadora do Master en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas e é representante da USC no Consello Galego de Turismo.

Para rematar o evento, o presidente da ATHC, Ramón García, moderará a mesa redonda ‘Santiago e o turismo. Unha realidade a debate’. Nela participarán Xosé Antonio Liñares, voceiro de Unión Hotelera Compostela; Esteban Iglesias, presidente de Unión Hotelera Compostela; e Miguel Pazos Otón, do Grupo de Investigación ANTE Análise Territorial da USC.

A entrada é de balde ata completar capacidade.

PROGRAMA

MÉRCORES 25

17:00h Conferencia: ‘Santiago de Compostela e o Camiño: historia, cultura e turismo’.

Relatora: Lucrezia López, directora do CETUR (Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da USC)

18:00h Café

18:30h Conferencia: ‘Os turistas como persoas consumidoras e usuarias’

Relator: Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia e presidente da Confederación ConsumES

XOVES 26

17:00h Conferencia: ‘Saturar ou soster: o dilema turístico de Santiago’

Relatora: Marisa del Río, profesora titular da USC e coordinadora do Grupo de Investigación POSMARK e directora do Master en Marketing Dixital e Xestión Comercial da USC

18:00h Café

18:30h Mesa redonda: ‘Santiago e o turismo. Unha realidade a debate’.

Moderador: Ramón García, presidente de ATHC. Relatores: Xosé Antonio Liñares, voceiro de Unión Hotelera Compostela; Esteban Iglesias, presidente de Unión Hotelera Compostela; Miguel Pazos Otón, do Grupo de Investigación ANTE Análise Territorial da USC.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

20:15h Viño galego de despedida.

Etiquetas

Asociación ATHCAsociación de Turismo e Hostalería Compostela (ATHC)Cando Compostela ganaRamón García presidente ATHC
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

As xornadas da ATHC reclaman medidas para aumentar pernoctacións e mellorar a mobilidade
Actualidad

As xornadas da ATHC reclaman medidas para aumentar pernoctacións e mellorar a mobilidade

Ramón García, presidente da asociación ATHC: “O turismo non é unha condena, é unha oportunidade”
Destacado

Ramón García, presidente da asociación ATHC: “O turismo non é unha condena, é unha oportunidade”