ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

A antiga Casa de Correos de Arzúa pasará a ser un centro sociocultural

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2024.- O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asinou hoxe co alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, o contrato de cesión de uso da Casa de Correos e da horta anexa. Así, o goberno autonómico cede este inmoble ao concello para usos socioculturais destinados á veciñanza e as visitantes. Dáse así cumprimento a unha antiga reivindicación do municipio de Arzúa para dinamizar o inmoble.

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de agosto de 2024 a las 21:50

Compartir

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, destacou a importancia desta cesión como un paso fundamental para o desenvolvemento cultural e social da vila. «Este acordo permitirá non só preservar un edificio histórico, senón tamén crear un espazo de encontro e enriquecemento para a nosa veciñanza e para os milleiros de persoas que nos visitan cada ano», subliñou o rexedor local.

A antiga Casa de Correos, situada na rúa Dores número 3 e a súa horta anexa, propiedade do Xacobeo, pasarán a ser xSantiago de Compostela, 6estionadas polo Concello de Arzúa. O edificio, que linda coa Capela da Madanela e co albergue, poderá albergar actividades culturais que poñan en valor o patrimonio material e inmaterial galego, axudando a entender a realidade do Camiño de Santiago e da peregrinación. O edificio será posto a disposición do concello nas condicións axeitadas para a súa operatividade.

O Concello de Arzúa vén demostrando un forte compromiso co benestar da súa veciñanza. Esta cesión engádese a unha serie de iniciativas lideradas polo goberno local para potenciar a cultura, o patrimonio e o turismo na zona. O traballo incansable do alcalde e do seu equipo reflicte o seu compromiso coa mellora continua da calidade de vida das arzuás e dos arzuáns.

En virtude do acordo, o Concello asumirá os custos do mantemento e xestión ordinarias do inmoble, así como a contratación do persoal necesario para o mantemento e atención do mesmo. A cesión ten carácter gratuíto e realízase por un prazo de catro anos, podendo prorrogarse por outros catro anos máis, sempre que medie acordo expreso das partes.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.