ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDestacado

A alcaldesa de Santiago resalta a aposta de Padrón polas voces femininas na Pascua

 

Líder Redacción

Líder Redacción

1 de abril de 2024 a las 22:14

Compartir

 

 

  • Goretti Sanmartín e Anxo Arca volven estreitar lazos de amizade entre os dous municipios coincidindo coas Festas de Pascua
  • “Rosalía destacaría que Padrón tamén fose pioneiro en ter un equipo feminino de fútbol”, dixo a rexedora compostelá
  • O Camiño de Santiago, a Universidade e o comercio son outros aspectos que unen ambos concellos, subliñou o alcalde padronés
  • O concerto da Banda de Música compostelá pechou o programa oficial do Día de Santiago en Padrón

 Padron. 4-1-2024.- Os Concellos de Padrón e de Santiago volveron estreitar lazos no día dedicado á capital de Galicia nas Festas de Pascua. O alcalde local, Anxo Arca, destacou o Camiño de Santiago, a universidade e a Rosalía de Castro como puntos de unión importantes entre ambos municipios. Goretti Sanmartín, pola súa banda, e lembrando a propia Rosalía, resaltou a importancia que o goberno padronés lle quixo dar este ano á presenza feminina na Pascua e a que tamén fose pioneiro cun equipo de fútbol feminino.

“Estou segura de que Rosalía de Castro destacaría a aposta que fixo este ano o goberno padronés pola presenza feminina nas Festas de Pascua”, dixo Goretti Sanmartín durante a súa intervención no salón de plenos, ademais de destacar que Padrón “foi pioneiro en ter un equipo de fútbol feminino”, facendo alusión ao Santo Cristo de Pazos  fundado en 1981.

Coincidindo tamén en que tanto Rosalía de Castro como o comercio e o tecido industrial son aspectos que unen aos dous concellos, o alcalde padronés, Anxo Arca, subliñou “a posición que teñen Padrón e Santiago na tradición xacobea”. “É unha evidencia que o Camiño de Santiago, é un camiño que nos une con moitos pobos”, asegurou.

Anxo Arca destacou no seu discurso a “existencia da Universidade de Santiago, que lle abriu unha porta ao mundo enteiro a moitas padronesas e padroneses” e reivindicou a importancia do acto que conmemora o irmandamento entre Santiago e Padrón como “un espazo no que representantes políticos de diferentes ideoloxías atopamos espazos para conversar con tranquilidade e compartir problemáticas que nos son comúns, o que nos permite aprender moito uns doutros”.

O alcalde animou aos membros da Corporación de Santiago e a toda a cidadanía a gozar das Festas de Pascua, a pesares da choiva. Precisamente, as inclemencias meteorolóxicas motivaron que o intercambio de pendóns e de bastóns de mando entre ambas corporacións se celebrase no salón de plenos.

Tralo acto oficial, Goretti Sanmartín asinou no Libro de Honra do Concello de Padrón e, despois, as dúas comitivas escoitaron a actuación das bandas de música de Santiago e de Padrón na praza de Macías, que rematou coa interpretación dos himnos galego e español.

O concerto da Banda de Música de Santiago pechou os actos oficiais cos que o Concello conmemora o Día de Santiago en Padrón todos os luns de Pascua. Despois, ambas corporacións participaron nun xantar de confraternidade.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Día de Santiago en Padrón celébrase dende hai máis de 60 anos o luns de Pascua, coincidindo coas Festas de Pascua, e ten continuidade en Día de Padrón en Santiago durante a celebración das festas do Apóstolo.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.