ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

500 persoas asistiron en Ames aos concertos da semana da música pola Santa Icía

Líder Redacción

Líder Redacción

26 de noviembre de 2024 a las 20:41

Compartir
  • O Concello de Ames desenvolveu esta semana pasada as actividades culturais programadas na honra de Santa Icía, ás que asistiron arredor de 500 persoas ao longo de todas as xornadas
  • A programación estivo integrada por talentos musicais consolidados no noso municipio, como Luis Fercán ou Héctor Rial, e figuras locais e emerxentes como as diferentes agrupacións municipais amesás

Ames, 26 de novembro de 2024.- O Concello de Ames, a través do seu departamento de Cultura, desenvolveu esta pasada semana as actividades culturais programadas na honra da Santa Icía, a patroa dos músicos, ás que asistiron arredor de 500 persoas entre todos os concertos. Deste xeito, celebráronse varios espectáculos musicais e un de danza que puxeron en valor os talentos musicais afincados no noso concello e tamén os talentos emerxentes das nosas agrupacións musicais municipais.

A semana da música comezou co concerto do alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, un espectáculo que se realizou na Casa da Cultura do Milladoiro o mércores 20 de novembro, e que acolleu as actuacións dos diferentes grupos da escola de música amesá como a agrupación de guitarras, o combo de voces, o combo xuvenil ou o combo de adultos.

A programación continuou o xoves 21 na Casa da Cultura de Bertamiráns coa actuación do cantautor galego Luis Fercán, un artista consolidado no panorama musical xa a nivel nacional e que levantou unha grande expectación na localidade amesá coa súa proposta de música alternativa e íntima. Luis Fercán presentou o seu último traballo “Postales Perdidas”.

O venres 22 o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a actuación doutra figura afincada na escena musical como é o cantor de tango Héctor Rial, que ofreceu o seu espectáculo “Azúcar, Pimienta y Sal”. Unha proposta musical na que se mestura danza e música e na que o artista arxentino, establecido en Galicia, estivo acompañado no escenario dun equipo de cantantes, bailaríns e músicos referentes no mundo do tango.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Xa durante a fin de semana, a programación pola Santa Icía seguiu o sábado 23 co talento local, da man da coral de Bugallido, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, no que ademais da actuación da Coral polifónica de Bugallido, contouse co coro de Pais Conservatorio de Música de Maia, chegados desde Portugal, e o grupo amesá, Pandereteiras da Costaneira. Previamente ao concerto, o sábado pola tarde, realizóuselle unha recepción institucional ás persoas que integran o coro de Pais Conservatorio de Música de Maia.
Así mesmo, a celebración da semana da música en Ames rematou este domingo 24 no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns da man do violinista amesán Anxo Gómez Piñeiro, un dos talentos máis prometedores do noso municipio, acompañado ao piano de Haruna Takebe.

Etiquetas

amesculturasanta icia
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación