Unha muller resulta ferida tras un atropelo en Bertamiráns
Un suceso ocorrido a primeira hora da mañá mobilizou os servizos de emerxencia en Bertamiráns, logo de que unha muller fose alcanzada por un vehículo na rúa Alcalde Lorenzo.
Líder Redacción
21 de diciembre de 2025 a las 20:39
Ata o punto do accidente desprazáronse efectivos do Grupo de Emerxencias de Brión e da Policía Local de Ames, que se encargaron de regular o tráfico e facilitar a intervención sanitaria. A ferida foi atendida no propio lugar dos feitos e trasladada posteriormente nunha ambulancia do 061 a un centro hospitalario.
As causas do atropelo están a ser analizadas polas autoridades competentes.



