ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

31 persoas participaron na primeira saída “As voltas cos cogomelos” en Ames

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de octubre de 2024 a las 11:38

Compartir

A Aula da Natureza, dentro da súa programación de outono, organizou esta pasado domingo a primeira saída da actividade “As voltas cos cogomelos”, unha iniciativa que consta de tres saídas para recoller cogomelos que se realizarán os días 6 de outubro e 3 e 23 de novembro. O obxectivo destas saídas é mellorar o coñecemento da veciñanza sobre estes prezados fungos. Nesta primeira sesión, que tivo lugar na Ameixenda, participaron un total de 31 persoas.

“As voltas cos cogomelos” é o nome da actividade proposta pola Aula da Natureza para facer tres saídas para recoller cogomelos. Deste xeito, realizarase unha saída guiada no mes de outubro e outras dúas no mes de novembro, a través das cales as persoas participantes poderán identificar e recoller cogomelos polas fragas, piñeirais, prados e carballeiras de distintas parroquias de Ames e de fóra do concello. Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos na que se trata de impartir diversas nocións co obxectivo de coñecer mellor estes apreciados fungos.

A primeira saída tivo lugar onte, 6 de outubro. Nun principio estaba previsto que se levase a cabo na contorna da parroquia de Lens, pero finalmente realizouse na Ameixenda, nas inmediacións das instalacións da Aula da Natureza. Participaron un total de 31 persoas, incluídos familias con nenos.

A choiva non puido coas súas ganas de coñecer o amplo e diversos mundo dos fungos, así como de aprender a diferenciar os cogomelos e saber son bos comestible, comestibles mediocre, ou tóxicos. O encargado de guiar esta saída foi Jaime Blanco Dios, micólogo da asociación Brincabois, que conta con mais de 40 anos de experiencia tanto no aspecto científico como na difusión dos cogomelos e da necesidade de preservar a biodiversidade.

Saídas no mes de novembro

A segunda saída desta iniciativa está prevista para o domingo 3 de novembro, en horario de 11:00 a 18:00 horas. O lugar da saída determinarase segundo as condicións meteorolóxicas. O prazo de inscrición para esta segunda saída estará aberto ata o 1 de novembro.

A terceira saída será o sábado 23 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas. Neste caso, o lugar da saída situarase nos arredores da feira Tanto monte, monte tanto”. O prazo de inscrición para esta derradeira saída estará aberto ata o 22 de novembro. Para as tres saídas haberá servizo de autobús dende a Casa da Cultura do Milladoiro e dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.

Programación de outono da Aula da Natureza

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A programación de outono da Aula da Natureza continuará ao longo dos meses de outubro e novembro con outras actividades como as xornadas “Arredor dos castiñeiros”, obradoiros para o aproveitamento sostible dos alimentos, a cuarta edición da feira do monte “Tanto monte, monte tanto”, obradoiros de preparación do Nadal, ou unha ruta teatralizada polas fragas do Tambre. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

Etiquetas

amescogomelos
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación