ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaPolítica

A sala de estudo do Milladoiro abre este luns con acceso as 24 horas do día

Desde hoxe, luns 14 de abril, xa está operativa a nova sala de estudo do Milladoiro, que ofrece un servizo de acceso ininterrompido durante todo o ano. Trátase dunha das principais novidades impulsadas polo departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, que permite ás persoas usuarias acceder ao espazo de estudo en calquera momento do día ou da noite mediante un sistema de códigos QR personalizados.

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de abril de 2025 a las 12:58

Compartir

O novo sistema está dispoñible tamén para a sala de estudo de Bertamiráns, aínda que neste caso o acceso segue limitado ao horario da Casa da Cultura. En ambos espazos instalouse un lector de códigos QR que permite a entrada e saída de forma autónoma.

Para facer uso destas salas, é preciso solicitar un código QR cubrindo este formulario e enviándoo ao correo electrónico biblioteca@concellodeames.gal. Tamén se pode tramitar de forma presencial nas bibliotecas municipais. A idade mínima para acceder ás salas é de 14 anos, e no caso de menores de idade, deberanse incluír os datos dunha persoa representante legal.

Horarios e acceso

Sala de estudo do Milladoiro: acceso 24 horas, 365 días ao ano. A entrada realízase pola rúa de Abaixo mediante código QR. Durante a noite, a porta de acceso á biblioteca permanecerá pechada, pero durante o horario diúrno estará aberta.

Sala de estudo de Bertamiráns: segue os horarios da Casa da Cultura. No inverno, abre de luns a venres de 8:00 a 22:00 h e os sábados de 9:00 a 14:00 h. En verán, o horario redúcese de luns a venres, de 8:00 a 14:00 h. Os domingos permanece pechada.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Concello de Ames continúa traballando para que, no futuro, tamén en Bertamiráns se poida contar cun servizo 24/365. Mentres tanto, amplíase o horario desta sala para facilitar o acceso ao maior número de persoas posible.

Etiquetas

Concello de AmesmilladoiroSala estudo BertamiránsSala estudo Milladoiro
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Amplíanse os servizos dixitais coa nova app Deportes Concello de Ames
Comarca

Amplíanse os servizos dixitais coa nova app Deportes Concello de Ames

Así será o novo parque de Pardiñeiros no Milladoiro: inclusivo e para rapazada de máis idade
Comarca

Así será o novo parque de Pardiñeiros no Milladoiro: inclusivo e para rapazada de máis idade

Concello de Ames e Deputación da Coruña abordan a mellora do campo de fútbol do Milladoiro
Comarca

Concello de Ames e Deputación da Coruña abordan a mellora do campo de fútbol do Milladoiro

Un boleto sellado en Milladoiro gana más de 193.000 euros en la Bonoloto
Actualidad

Un boleto sellado en Milladoiro gana más de 193.000 euros en la Bonoloto