ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadSalud

17 días de espera en primaria: «o plan estival do SERGAS falla en Santiago e Barbanza»

Líder Redacción

Líder Redacción

31 de julio de 2025 a las 13:14

Compartir
  • A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS alerta do peche de axendas e sobrecarga en centros como Vite e Concepción Arenal, onde os facultativos «categorizan» pacientes por falta de persoal

A Consellería de Sanidade destinou 12 millóns de euros a reforzos en atención primaria para este verán, pero os usuarios do área de Santiago-Barbanza constatan que a medida «non chega a todos os centros nin resolve o déficit crónico». A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia demoras de 9 a 17 días para consultas, peches de axendas e unha «atención deshumanizada» que empurra os pacientes a urxencias ou á privada.

En maio e xuño, xa antes do plan estival, centros como o de Vite acumulaban demoras de 16 días e peches de agenda por vacantes sen cubrir. A app e-saúde bloqueaba consultas por doenzas novas, obrigando a chamadas que sobrecargan o persoal. Agora, con máis baixas vacacionais, a situación repítese en puntos como Concepción Arenal, onde incluso as receitas se atrasan.

Os usuarios critican a «sobrecarga extrema» dos facultativos, que derivou en «categorizacións»: «Tratan diferente a quen vai por baixa doutro profesional. Non é xusto», sinala un veciño de Vite. A asociación advirte de que a presión laboral desemboca en máis baixas, «un círculo vicioso que degrada a calidade».

A falta de acceso a primaria en 48-72 horas —prazo razoadble para doenzas agudas— satura urxencias do CHUS e aumenta a demanda na privada. «Isto é unha estratexia para desmantelar a pública», acusan.

Exixen ao SERGAS solucións estruturais, non parches: máis contratacións, cobertura de baixas e dotación anual estable. «Non queremos plans estivais, queremos atención digna os 365 días», resume a asociación.

A Xunta recoñeceu en maio a necesidade de reforzar primaria, pero os datos do CHUS mostran que a realidade vai á contra: Santiago perdeu o 20% dos seus médicos de familia en 5 anos, e un 30% das consultas son xa por teléfono.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

denunciasanidade
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza
Comarca

O BNG apoia a concentración en defensa dunha sanidade pública digna no Barbanza

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago
Destacado

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes
Actualidad

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes

A droga regresa con forza a Santa Marta: «Non é só un problema do barrio, é de todo Santiago»
Destacado

A droga regresa con forza a Santa Marta: «Non é só un problema do barrio, é de todo Santiago»