ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComercioSaludSociedad

’12 comercios, 12 sensibilidades’ amosa a vida das persoas con esclerose múltiple ou parkinson

 

Líder Redacción

Líder Redacción

22 de abril de 2024 a las 22:20

Compartir

 

 

22/04/2024.- O Centro Deportivo Atmósfera Sport acollerá mañá unha mesa redonda para dar a coñecer a realidade das persoas con esclerose múltiple ou parkinson, no marco da campaña «12 comercios, 12 sensibilidades», coa que colabora o Concello a través do departamento de Comercio. Este mes, a iniciativa está protagonizada pola tenda de deportes, que visibiliza o labor de ACEM, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas.

A mesa redonda comezará ás 19.00 horas, e contará coa participación de Mª Isabel Quelle Campos, afectada de esclerose múltiple, e Enrique Ben de la Fuente, afectado de párkinson. A secretaria e o vicepresidente de ACEM relatarán como viven con estas enfermidades para concienciar á sociedade e, ao tempo, para dar a coñecer o traballo da asociación que tece unha rede de apoio para as persoas afectadas e para as súas familias. Para asistir á mesa redonda, no establecemento de San Pedro de Mezonzo, é preciso inscribirse previamente no teléfono 981 575 240, no mail acem.santiago@gmail.com, ou no propio Centro Deportivo Atmósfera.

«12 comercios, 12 sensibilidades»

A campaña «12 comercios, 12 sensibilidades» busca fortalecer as relacións entre os comercios locais e fomentar o apoio ás causas sociais. Trátase dunha colaboración entre doce comercios situados en diferentes puntos da cidade- O obxectivo principal é promover a solidariedade e a conciencia social, así como tamén incrementar o movemento de clientes entre os pequenos establecementos da cidade. Esta campaña solidaria conta co apoio da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, que recoñece a importancia de fomentar iniciativas que promovan a solidariedade e o apoio ás entidades sociais na cidade.

NOTICIA RELACIONADA.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

https://admin.vive.gal/centro-deportivo-e-acem-protagonistas-de-abril-na-campana-12-comercios-12-sensibilidades/

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.