ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Esixen máis profesorado para os colexios públicos de Ribeira

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de septiembre de 2025 a las 15:02

Compartir
  • Os nacionalistas advirten que a falta de docentes lastra o inicio de curso e piden solucións inmediatas

O Bloque Nacionalista Galego continuará apoiando á comunidade escolar de Ribeira e reclamando que a Xunta de Galicia dote os centros de ensino público do profesorado necesario para garantir unha atención axeitada a todo o alumnado. Faino logo de que o conselleiro de Educación se negase a recoñecer que hai problemas en moitos centros públicos e que esa falta de profesorado deteriora a calidade educativa dos nenos e nenas, especialmente aqueles que teñen máis dificultades.

Este martes, unha representación da ANPA do CEIP O Grupo, acompañada da concelleira de Educación de Ribeira, Cruz Rivadulla, estivo no Parlamento galego coincidindo coa comparecencia do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, sobre o inicio do curso escolar. A situación que atravesa o colexio do Grupo é especialmente grave, ao carecer nun curso de terceiro de Primaria de titor ou titora, o que obriga a repartir a docencia entre profesorado doutros niveis en detrimento do funcionamento normal do colexio.

Durante a sesión, as nais amosaron a súa indignación polas declaracións do conselleiro, que acusou ás ANPAS de estaren “manipuladas” por partidos políticos. A realidade é que as familias e o alcalde levan tempo pedindo diálogo e mesmo solicitaron reunións co titular da Consellaría, ás que nunca obtiveron resposta.

A deputada do BNG lembrou no debate parlamentario que non se trata dun caso illado, senón que existen escolas e institutos en máis de 50 concellos de Galicia con problemas semellantes, como os de Ribeira, afectados pola falta de profesorado e polo deficiente mantemento das instalacións. Tamén reclamou máis medios para atender ao alumnado con necesidades educativas especiais, especialmente no concello de Ribeira, onde a situación é particularmente urxente.

A concelleira ribeirense Cruz Rivadulla asegurou que o BNG defende unha educación pública de calidade, inclusiva e con ratios adaptadas á diversidade do alumnado. “Non é admisible que mentres a Xunta destina 350 millóns de euros a financiar a educación privada, os colexios públicos funcionen con carencias de profesorado que prexudican directamente ao alumnado”, subliñou.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ante todo isto, o Bloque comprométese a seguir acompañando ás familias, ás ANPAS e á comunidade educativa de Ribeira na defensa dun ensino público forte, con recursos suficientes e capaz de garantir igualdade de oportunidades para todos e todas.

Etiquetas

educacionpoliticaribeira
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro
Destacado

Santiago pon en marcha un servizo de información en materia de alugueiro

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo
Actualidad

O PSdeG denuncia a “parálise” dos fututos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo
Comarca

Cinco dimisións de edís do BNG e PSOE marcan o mandato municipal en Rianxo