UCIN Santiago denuncia 15 anos de «vergoña e abandono» no aparcamento da Praza Marcial Villamor
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2025 – UCIN Santiago denuncia a «vergoñenta» situación do aparcamento municipal da Praza Marcial Villamor, unha infraestrutura construída con fondos públicos no ano 2009, inaugurada en xaneiro de 2010 e que, 15 anos despois, «segue pechada e inutilizada».



