Falece un home tras quedar atrapado por unha máquina en Silleda
Xoves, 5 febreiro, 2026.- Ao fío das 11 horas deste xoves, o 112 Galicia tivo constancia dun accidente laboral no lugar do Couto, na parroquia de Refoxos (Silleda), a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo a información recibida, un home de avanzada idade quedara atrapado por unha máquina de polos.



