ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolíticaSociedad

Aumentan as inscricións funerarias en galego en Noia e Porto do Son

Segundo un estudo da catedrática Aurora Marco, en Noia e Porto do Son os epitafios en galego chegan ao 20%, unha cifra semellante a de Rianxo

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de abril de 2025 a las 14:18

Compartir

As cinzas da nobre María de Bolaño descansan na igrexa de Santa María de Meira nun sepulcro de pedra labrada en 1518 e as da escritora Rosalía de Castro están no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, desde 1891. Esas datas referenciais representan o final dun ciclo (a etapa dourada) e o comezo doutro (o Rexurdimento) para a nosa cultura. Polo medio están eses 373 anos de séculos tan escuros en que chegan a desaparecer palabras tan esenciais como “fillos” e “netos” nas inscricións de recordo aos familiares falecidos.

A inscrición de 1891 dedicada a Rosalía de Castro marca un proceso de recuperación “desde cero”, ao estilo ave Fénix, mais moi lentamente asumida no ámbito da cultura e aínda agora extraordinaria entre a maioría da poboación.

Aínda que desde o final do século pasado se fixeron iniciativas de sensibilización, os resultados só comezaron a mellorar substancialmente nestes últimos dez anos (entre 2015 e 2025). A visión panorámica está agora “en aberto nun mapa elaborado polo xornalista David Canto Veiga e divulgado en outubro de 2024 polo Consello da Cultura Galega. Desde ese momento, unha auténtica “selección galega de visualización” percorre Galicia con libreta, bolígrafo e teléfono,  realizando un auténtico «paseo investigador» polos cemiterios locais. O seu obxectivo: visualizar os epitafios, facer recollida dos máis chamativos e plasmar a información nun breve informe para poder realizar máis tarde un estudo pormenorizado.

Despois da recollida de datos de máis de 60.000 familias, repartidas por 184 concellos, a iniciativa educativa Palabra e Memoria observa que a porcentaxe de inscricións funerarias en que aparecen as palabras «muller», «home», «fillos» ou «netos» teñen tendencia emerxente. O cambio, recente, débese ao relevo xeneracional e á mellora na atención das empresas funerarias. Persoas alfabetizadas en galego nos primeiros anos da etapa democrática pasan agora a ocuparse do coidado do lugar en que respousan definitivamente os seus parentes (co cambio de xeración das persoas, cambia tamén a valoración e o uso do idioma) e pasan tamén a ter cargos de responsabilidade nas empresas do sector, o que facilita a superación de vellos obstáculos.

Estudo panorámico en Noia e Porto do Son

O equipo de visualización de Palabra e Memoria, no que participan de maneira altruísta unhas cen persoas repartidas polas catro provincias, complétase agora coa sección da comarca de Noia e Porto do Son, a onde chegou por iniciativa da profesora Aurora Marco López, coa colaboración de José Luís Ces.

A primeira das observacións realizárona no cemiterio novo de Noia, situado no Páramo, onde localizaron 31 inscricións repartidas nos panteóns de 22 familias (dun total de 228, o que representa un 9’6%).

En San Pedro de Boa a porcentaxe de uso do galego é moi superior: dun total de 133 familias son xa 23 as que non cambian de lingua para redactar as mensaxes de recordo. Representan un 17’2%.

En Portosín o estudo foi realizado nos dous cemiterios. Como é tradicional, no camposanto histórico o uso da lingua galega é moito menor: dun total de 248 nichos e sepulturas, o noso idioma está presente en só 8, a primeira do ano 1982 (que supuxo a entrada da lingua galega escrita no recinto).

No cemiterio novo, construído pouco antes da mudanza de século, o cambio social móstrase con moita evidencia. Dun total de 172 propiedades, en 34 está presente a lingua galega escrita, o que representa un 19’7%.

Cartografía dos cemiterios galegos

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Toda esta información recollida por José Luís Ces e Aurora Marco está publicada na «Cartografía do uso do galego nos camposantos» (https://datawrapper.dwcdn.net/4HeuT/38/), que contén información sobre máis de 60.000 familias repartidas por 184 concellos. O proceso continúa aberto á colaboración cidadá.

Etiquetas

galegoinscricións funerariasnoiaporto do son
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala
Destacado

Máis de 500 estudantes participan este mércores en Santiago na gala final de Fala que Fala

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada
Destacado

O CPR San Xosé de Cluny acolle este martes o derradeiro ‘Fala que Fala’ da tempada

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”
Destacado

López Campos reivindica o “momento cultural extraordinario» e reprocha que Santiago «non aproveita o seu potencial”

43 anos despois, Astarot segue berrando: «Moléstanos que nos vexan como algo do pasado»
Actualidad

43 anos despois, Astarot segue berrando: «Moléstanos que nos vexan como algo do pasado»