ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Dez días de Entroido en Ames con actividades para todos os públicos

A Casa do Concello, en Bertamiráns, acolleu esta mañá a presentación das actividades do “Entroido Ames 2025”, que se desenvolverán entre a última semana de febreiro e comezos do mes de marzo. O programa, organizado entre o Concello de Ames e a asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), contará con diferentes propostas para todas as idades, dende o entroido do programa Amessan, actuacións de baile e danza, o concurso e desfile de Entroido no Milladoiro e a festa e concurso infantil para os máis pequenos.Pódense consultar as bases para participar no concurso de disfraces do domingo día 2 na seguinte ligazón. Tamén se poden consultar as bases do concurso de disfraces infantil do día 3 na seguinte ligazón.

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de febrero de 2025 a las 13:50

Compartir

Ames presentou esta mañá na Casa do Concello a súa programación para o Entroido do 2025, un programa realizado en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e que se desenvolverá entre a última semana de febreiro e comezos do mes de marzo. Ao acto acudiron o alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García; a concelleira de Benestar Social, Uxía García; a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez e os representantes da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), Beatriz López e Jorge López.

O Entroido de Ames desenvolverase entre o mércores 26 de febreiro ata o venres 7 de marzo, con actividades que buscan, un ano máis, a colaboración da veciñanza e asociacións do concello. Ademais, mantéñense as localizacións dos actos establecidas o ano pasado, polo que o desfile de disfraces será no Milladoiro e o desfile e concurso infantil será en Bertamiráns. Deste xeito, búscase establecer e manter nunha mesma localidade cada unha das actividades do Entroido.

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, destacou as actuacións musicais do programa “fainos especial satisfacción contar coa Charanga Mekánica, xa que son veciños de Negreira e algún de Ames e é unha charanga moi recoñecida no noso país e que axuda a dinamizar moito a festa” e tamén animou ás parroquias “a seguir o exemplo de Bugallido, que se unan e participen todos xuntos para poder facer nalgún momento un encontro de Entroido entre as parroquias do noso concello”.

Pola súa banda, o representante de XEA, Jorge López subliñou que con “facer un Entroido máis local, con participación veciñal e que conte coa colaboración das asociacións para facer un Entroido máis noso”.

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, explicou que “é o terceiro ano que facemos o cocido dos nosos maiores o martes de Entroido, este ano en Bertamiráns e cunha temática de disfraces relacionados co cine”. Na mesma liña, adiantou “tamén terán a nosa festa de Entroido de Amessán para todos os maiores que participan no programa”.

Actividades do 26 de febreiro ao 7 de marzo
O Entroido en Ames dará comezo o vindeiro mércores 26 de febreiro, ás 19.00 horas, co “Concerto Miúdo” do alumnado da Escola de Música Municipal de Ames na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ademais deste recital, a EMMA realizará o seu festival de Entroido o venres 28, tamén en Bertamiráns, ás 19.30 horas, onde interpretarán diferentes pezas ao longo de toda a velada.

Os maiores de Ames contarán o martes de Entroido, día 4, coa co cocido dos maiores, dirixido para as persoas maiores de 65 anos empadroados no municipio. Este ano, será no pavillón de Bertamiráns e a temática é o cine. Ademais, os asistentes contarán coa actuación musical do dúo Plan B e, como vén sendo habitual, haberá servizo de buses polas parroquias.

Xunto co cocido, os nosos maiores gozarán da súa propia festa de Entroido co “Entroido Amessán” o venres 7, no Centro Social do Milladoiro. Desde as 17.00 horas, os participantes poderán gozar de música en directo e dunha tarde chea de sorpresas e diversión.

O sábado 1 de marzo, realizarase a Festa de Entroido, na Praza da Maía de Bertamiráns. A partir das 17.00 horas, haberá unha exhibición de baile a cargo do Club deportivo de baile Danzaya xunto coa actuación musical de Dani Barreiro & Friends.

Concurso de disfraces
O domingo, 2 de marzo, organízase o concurso e desfile de Entroido do Concello de Ames, que se realizará no Milladoiro e no que poderán participar persoas de todas as idades tanto as persoas a nivel individual ou en grupo, asociacións legalmente constituídas, comunidades, etc. As persoas menores de idade terán que participar baixo a responsabilidade dunha persoa adulta, que actuará como representante para todos os efectos que se deriven do concurso. As asociacións serán representadas pola persoa que asuma o cargo da presidencia ou persoa en quen delegue.

As inscricións realizaranse  no correo electrónico entroidoames@gmail.com  ata o 26 de febreiro como data límite. Para realizar a inscrición deberanse achegar os seguintes datos; título do disfrace, nome e apelidos da/s persoa/s representante/s, DNI, teléfono de contacto, número de compoñentes, se levan música ou se levan carroza (e neste caso indicar as medidas).

Os/as participantes deberán presentarse na Casa da Cultura do Milladoiro o domingo 2 de marzo, entre as 15:30 e as 16:00 horas. O xurado estará composto por tres membros designados pola Xuntanza de Empresarios de Ames e valorará os diferentes disfraces conforme á creatividade, á caracterización e á orixinalidade.

A saída farase ás 17.00 horas dende o aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro. Os/as participante percorrerán as rúas do Milladoiro durante unha hora e media, polo que ás 18:30 horas terá lugar a entrega de premios no mesmo aparcadoiro da Casa da Cultura. O desfile estará amenizado polo grupo Charanga Mekánica.

Establécense  tres categorías segundo o número de participantes: individual (de 1 ou 2 persoas); grupos pequenos (de 3 a 10 persoas); e grupos grandes (máis de 10 persoas). Na categoría individual outorgaranse tres premios: 100 euros para o primeiro premio, 75 euros para o segundo; e 50 para o terceiro. Na categoría de grupos pequenos os premios serán de 300 euros para o primeiro, 200 para o segundo, e 100 euros para o terceiro. Na categoría de grupos grandes entregaranse tamén tres premios: 500 euros para o primeiro premio, 300 para o segundo e 150 euros para o terceiro.

Festa e concurso de disfraces infantil
Por último, o luns 3 de marzo farase a festa e concurso infantil de disfraces. Será na Praza da Maía a partir das 17.00 horas. Ademais, haberá música da man, un obradoiro de maquillaxes, e máis actividades para que a cativada goce dunha tarde do máis divertida.

O concurso está dirixido ao público infantil (poderán participar nenos e nenas de ata os 12 anos cumpridos e poderán participar  ben de forma individual ou en grupos). Os nenos/as para participar terán que estar  baixo a responsabilidade dunha persoa adulta, que actuará como representante para todos os efectos que se deriven deste concurso.

As inscricións realizaranse  no correo electrónico entroidoames@gmail.com ata o 26 de febreiro como data límite. Para realizar a inscrición deberanse achegar os seguintes datos, título do disfrace, nome e apelidos da/s persoa/s representante/s, DNI, teléfono de contacto, número de compoñentes e música se a precisan. A inscrición tamén se poderá facer de xeito presencial na praza da Maía o propio día 3, de 16:00 a 16:30 horas. Os/as participantes deberán presentarse na praza da Maía entre as 16:00 e as 16:30 horas.

O xurado estará composto por tres membros designados pola Xuntanza de Empresarios de Ames e valorará os diferentes disfraces conforme á creatividade, á caracterización á orixinalidade, o traballo requirido na  elaboración dos disfraces, é dicir se son elaborados total ou parcialmente polos participantes, a utilización de materiais  empregados respectuosos co medio ambiente.

Establécense  dúas categorías segundo o número de participantes: individual: de 1 ou 2 persoas  ata 12 anos cumpridos; e grupos: máis de 3 persoas ata 12 anos cumpridos. Na categoría individual haberá tres premios: 75 euros para o primeiro, 50 euros para o segundo e 25 euros para o terceiro. Na categoría de grupos os importes dos premios son 250 para o primeiro, 150 euros para o segundo e 75 para o terceiro.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

amesentroido
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación