ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Arzúa porá o nome de Xulio Vázquez Carril á Casa da Cultura

Líder Redacción

Líder Redacción

9 de febrero de 2026 a las 12:21

Compartir
  • A iniciativa, presentada polo BNG, contou co apoio unánime da Corporación municipal

Arzúa, 9 de febreiro de 2026. O Concello de Arzúa aprobou no pleno municipal a denominación da Casa da Cultura como Casa da Cultura Xulio Vázquez Carril – O Gaiteiro de San Miguel, en recoñecemento á súa traxectoria vital e á súa achega á música tradicional galega. A iniciativa, presentada polo grupo do BNG, recolle tamén a celebración dun acto público de homenaxe na primavera, e contou co apoio unánime de todos os grupos da Corporación.A proposta contou co apoio unánime de todos os grupos da Corporación.

Xulio Vázquez Carril, veciño da parroquia de Maroxo, foi un dos músicos tradicionais máis emblemáticos do concello e un referente da cultura popular galega. Ao longo da súa vida participou en innumerábeis romarías, foliadas, festas populares e actos culturais, destacando polo seu compromiso coa transmisión oral da música tradicional e coa defensa da gaita galega como elemento central da identidade cultural do país. Faleceu en abril de 2025 aos 88 anos, deixando unha fonda pegada no tecido cultural de Arzúa e da comarca.

Coa aprobación desta iniciativa, o Concello de Arzúa recoñece institucionalmente a figura dunha persoa que contribuíu de maneira decisiva á conservación e difusión do patrimonio cultural inmaterial. Trátase dun recoñecemento público a unha vida dedicada á música tradicional e á súa transmisión no concello. Un labor que tivo repercusión en toda Galiza.

A aprobación da iniciativa inclúe tamén o inicio dos trámites administrativos necesarios para a modificación oficial da denominación do edificio, coa correspondente actualización da sinalización e da documentación municipal.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O Concello de Arzúa ultima xa os detalles do acto público de homenaxe que se celebrará na primavera, no que participarán familiares, colectivos culturais e músicos e músicas de toda Galiza, e no que se descubrirá unha placa conmemorativa coa nova denominación da Casa da Cultura.

Etiquetas

arzuacasa da cultura
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura
Sin Categoría

Arzúa recuperará a memoria das mulleres represaliadas durante a Guerra Civil e a ditadura

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia
Comarca

Arzúa volverá promocionar todo o seu potencial turístico na Semana Verde de Galicia

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”
Actualidad

Begoña Balado, concelleira de Turismo: “A II BTT Arzúa Destino Verde foi unha festa do cicloturismo”

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición
Comarca

A Marcha Cicloturista BTT Arzúa Destino Verde consolídase cunha exitosa segunda edición